Gifs e memes para o fin de semana: Eleccións nos Estados Unidos

É unha das grandes novas da semana: Barack Obama é o vencedor das eleccións en Estados Unidos e será durante catro anos máis o presidente dos EUA. Pero, por suposto, a campaña electoral e a xornada de voto non podían quedar sen ser analizados e alimentados pola man invisible que fai todos os GIF e memes que viven na rede. Estes son (máis alá de todas as versións que se fixeron da cadeira de Obama) algúns deles:

1. Romney ten carpetas. Foi un dos virais da campaña. O candidato republicano Mitt Romney lamentou nun debate que non houbese máis mulleres nas altas cúpulas e dixo que no caso de que el saíra escollido xa tiña carpetas cheas de nomes para dar máis peso ás mulleres. Non ben acabou de dicilo, a semente do viral xa estaba lanzada na rede. Hai xa unha conta paródica en Twitter e un Tumblr que recopila todos os gif e memes que se van creando (xa sabedes que se non hai Tumblr non es ninguén). Por suposto, ser unha carpeta chea de muller foi uns disfraces de Halloween.





2. Obama Single Lady. Obama celebra a victoria ao estilo de Beyoncé.

3. Obama bailando Gangnam Style. Xa sabedes que a canción do verán, do outono e de aquí a mil anos ata que nos enchamos todos de ela é Gangnam Style, que canta o coreano Psy. Ten un baile do cabalo que o acompaña e que xa bailaron unha chea de persoeiros de todo o mundo, dende Eric Schmidt ata Ban Ki Moon. A Obama alguén lle preguntou se a bailaría se gañaba e el deu elegantemente largas. Internet puxo solución.

4. Obama celebrando bailando hip hop. A victoria fixo a Obama bailar e a Romney penar: Moitos exemplos en The Guardian, como este que pon a Obama a bailar hip hop.

Foto destacado | A Casa Branca

Shares

1 comentario

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *