Disquecóctel: fluor!

Con esta chuvia resulta complicado pensar en sol e calor e entregarse ás tonalidades rechamantes que visten esta tempada, pero todo é cuestión de actitude. Fucsia, amarelo, verde, laranxa… non importa a cor, o que importa é que sexa ben fluor.

Neste Disquecóctel a explosión cromática manda. Moitas das propostas que che traemos son proxectos DIY (ou ‘faino ti mesmo’), para que poidas pór un toque de fluor na túa vida sen gastar moitos cartos, ao tempo que desenvolves as túas destrezas manuais e creativas.

Disquecóctel fluor

1. Lámpada DIY de Weekday Carnival.

2. Reloxo Swatch visto en Lazy Oaf.

3. A clásica Cambridge satchel cun toque contemporáneo.

4. Dálle un toque fluor as teus zapatos con este proxecto DIY.

5. Botellas de vidro transformadas en xarróns. De A girl who makes, vía Remodelista.

6. Fai a túa propia planta colgante. Segue as instruccións aquí.

7.Clutch dispoñible en Etsy.

8. Papel para agasallos que podes descargar en Funkytime.

9. Zapatillas de Vans.

10. Pantalóns de Zara.

Shares

1 comentario

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *