Na perpetua e incansable busca do cool que se fai desde este medio hai un par de cousas que temos claras desde o principio. Unha é que Melide pode ser tan cool coma Brooklyn. Outra que non debemos quedar ancorados no localismo e que se fóra da casa hai tendencias que nos gustan, podemos importalas sen pudor e ata dicir que son de aquí de sempre. Por iso o concurso exprés que vos presentamos esta semana para dicirlle “ola” á primavera con glamour nos gusta tanto!
Temos por un lado a Novedades Carminha. Xa sabes, ese grupo ao que moitas veces acompañan etiquetas (a felicidade xornalista) coma “novo punk” ou “Galician bizarre”. Tamén se fala da irreverencia e dos anos 80. Nós só temos que engadir que a súa primeira maqueta foi unha casete (visionarios! xa o sabían en 2008!) e que o seu Santiago Apóstol ameaza con se converter no himno de todos os 25 de xullo. E por se fose pouco, a rapaza da portada do seu disco, ‘Jódete y baila’, Alba Galocha, foi escollida pola revista Glamour coma rostro revelación 2011!
Novedades Carminha teñen dous concertos esta fin de semana: o venres tocan en Pontevedra e o sábado en Melide, e queren celebrar a primavera cun agasallo aos seus fans. Trátase do sorteo dunha entrada dobre para cada un dos concertos, cun extra gastronómico: o gañador de Pontevedra poderá pasar ao camerino e desfrutar dunha copa de champagne coa banda; ao gañador de Melide invitarano a unha tapa de polbo pola tarde para botar todos xuntos unhas risas.
“Somos xentes de costumes e algo maniáticos cando se nos priva do exercicio da cultura popular”, explícanos Carlangas cando, na nosa habitual teima por ofrecer ao lector un xornalismo comprometido e de calidade, lle preguntamos por que invitar aos fans de Novedades Carminha a unha tapa de polbo. E hai cousas que simplemente son como son. “Non concibimos Melide sen polbo nin ter unha moza sen un bolso Loewe”, reflexiona Carlangas.
E agora a información importante: que tes que facer para gañar unha desas entradas + extra gourmet? Moi sinxelo: deixa un comentario neste post indicando cal é o terceiro elemento para un día perfecto. Temos Novedades Carminha, polbo (ou champán -ou ambos, para atrevidos), e que máis? A participar! Dinos tamén para que concerto, se Pontevedra ou Melide, queres a entrada dobre.
E faino rápido! O prazo remata este xoves ás 21:00!
Novedades Carminha, polbo e barrantes en copa!!
Concerto Melide
Mmm… Novedades, pulpito, y
a mi, que soy más de hablar, me gusta echar unas risas bajo el sol con vino del que deja los labios morados
En Melide!
Boa música e boa xente, non fai falla nada máis… en Melide.
praia + novedades carminha + champagne é o día perfecto!!
Pontevedra
Carminhas, polbo a embute e JB a palo seco baixo o sol primaveral da praza principal, mentres desfila frente a nos a banda municipal de Melide interpretando as mellores pezas populares…os tres galeguiños, agárrate saxo, aires de Pontevedra…e asi
Dinos para que concerto participas, Pontevedra ou Melide? :)
Melide!!
O terceiro elemento para un día perfecto é:Unha SuperNintendo co MarioKart.
Polvo no Ezequiel de Melide, garzas amigos.
E fóra coñas que ven viña agora o NoiteBús para ir dende Lalín á sala 600 de Melide.
Por certo espero que algún dos tres grupos do Sábado faga unha versión de Peregrina dos Metralletas Lecheras que estamos en preno Camiño Francés e sempre presta. E xa sei que abriu un novo Kebav en Melide pero despois da festa ide comer uns Melidres ou uns ricos que Melide Terra doce e estes son doces en extinción e non me enroio máis :)
Pra un dia perfecto so fai falla unha tarde de viños por Pontevedra+concerto de novedades carminha+ unha copa de champán
Novedades Carmiña polbo e un bo licorka!!
Gustaríame tanto coñeceros en Pontevedriña…!
O elemento perfecto sería prenderlle lume á sala Karma despois do concerto (rematando antes con todo o alcohol existente, of course)
Pois o terceiro perfecto é que Tamara de la Fuente inmortalice o momento!
Concerto Melide
Pontevedra.
Polbo, champagne y chillar “rabo” en vez de “bravo” en un concierto de Novedades Carminhas!!! Entendes, neno???!!!
Melide- Un bó polbo, pero non pode fallar o licor de rico café!!!
Ola chicos !
o día perfecto sería Novedades, polbo da ría despois dunha tarde na praia con cervexas e amigos !
Vémonos o venres !
Olvidé que seria para el concierto de Ponte ! un bico
…beber ata reventar…
Melide
que, que mais? cal sería o terceiro elemento para un día perfecto en pontevedra con novedades carminha despois do champán e o polbo? é evidente: UN POLVAZO!!!
Pois uma cheia de lambonadas desta súper ácedas! x)
Concerto: Melide
Pois…xa que o concerto ó que quero ir é o de Melide, qué mellor que uns melindres de postre! Un trío de luxo: Novedades+polbo+melindres. Día perfecto, non hai dúbida.
1º – Os NC.
2º – Polbo(s) e/ou champagne (ao final ha ser cava).
3º – Un mañaneo convulso e catársico por Millí adiante.
Quero as entradas pro conci de Millí.
Para pontevedra: os meus mellores recordos sempre estiveron regados por champagne
pois coa música de novedades carminha, polbo e unha empanada de millo e se pido máis, un albariño pelexón e que me pelizquen! Estaría no ceo!
ah! Na sala karma, pontevedra!
fariña trija, champagne e polbo, nn se da mais¡¡¡ pontevedra¡¡¡ jojojojo
O terceiro elemento por antonomasia e “copa”, pero vos fallachedes nos dous primeiros, xa que son “café e puro”… parece mentira, calquer Señor que se precie sabe que esta é a primeira lección.
Pontevedra… se me esquecía, pero é que estou indignado, en serio, xa estou montando a quechua e todo.
novedades, pulpo y vermú
Pontevedra (ainda que m molaba tomarlle a tapa de polbo)
novedades, pulpo y vermú
Pontevedra (ainda que m molaba tomarlle a tapa ó polbo)
O terceiro elemento para rematar un bo día é tomarse un bo Gin Tonic despois de cheghar do mar de currar. Pontevedra!
e os gañadores son..¡qué nervios!