Por que deberías ler o libro de autoaxuda de Misery Bear?

Como falar dun libro escrito por un boneco de trapo (‘the right of Misery Bear to be identified as the Author of the Work has been asserted by him in accordance with the Copyright, Deigns and Patents Act‘, pecha o volume) que non poderá pasar as páxinas (non ten mans!) e que se titula ‘Misery Bear’s Guide to Love & Heartbreak’? É complicado, sobre todo porque o máis interesante deste volume é chegar a el inocente e atoparse de súpeto co surrealista que é un libro de autoaxuda para o mundo do amor escrito por un osiño miserento ao que non fan máis que partirlle o corazón.

O primeiro impacto está na primeira páxina, onde o autor se presenta nun autorretrato suicida (que che arrancará un sorriso… porque todos somos de natureza malvada) e continúa con cada un dos diferentes contidos.

Misery comeza analizando as partes da súa anatomía (“partes privadas, non preguntes”) e continúa recuperando o seu terrible historial sentimental e dando estresantes consellos para que mellores a túa vida amorosa (aínda que a el non lle dean moito resultado). Algúns son bastante lóxicos, como non falar do moito que che doe de forma recorrerente a barriga ou de aliens. Outros son máis inquietantes, como o de chegar catro horas antes ao restaurante para coller unha boa mesa.

Cartas de amor, listas de cinco mellores cousas relacionadas co amor e o desamor, receitas de cócteles para namorar… Misery comparte todo o que sabe para que ti tamén o podas aproveitar.

O libro é moi visual, moi pouquiña cousa (un autor tan atormentado non sobreviviría a escribir algo do tamaño do Quixote, non o esquezamos) e infinitamente divertido. Misery Bear é un escritor do que case facerse fans de modo obrigatorio. E, sobre todo, é un autor que che fará rir a gargalladas.

As librerías españolas non coñecen a este autor mil veces mellor que o cacarexado Paul Auster, pero sempre nos quedará Amazon.

*Se non coñeces a Misery Bear, poder ler a nosa entrevista (na que lle confesei sen éxito os meus profundos sentimentos por el) e a súa disqueficha

Foto | Perfil oficial en Facebook

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *