Xoga ao disquetrivial e gaña un Arume Xogal!

Lembrades o Arume Xogal? Trátase dun xogo de mesa ao que, como boas fans de desafíos lúdicos en tardes de inverno, xa lle adicamos un post hai uns meses.  Unha especie de trivial galego onde testar os teus coñecementos sobre historia galega, xeografía ou mitoloxía en sa competición.

Queres probalo? Disquecool regala un exemplar a quen sexa quen de completar o xogo que temos preparado. Porque bah, iso de participar de forma pasiva é moi aburrido. E que mellor que gañar un trivial resolvendo as preguntas doutro trivial diferente?

O mecanismo é moi sinxelo. Imos lanzar aquí tres preguntas tipo trivial sobre insignes momentos da nosa historia (de Disquecool, porque o autobombo é unha cosa á que é difícil resistirse) e vós só tedes que mandar un email a info@disquecool.com dicindo cales son as respostas correctas. Podedes envialas xa e o prazo pecha dentro dunha semana,  o xoves 16 de febreiro, as 23.59 da noite.

O gañador será elixido ao azar entre todos os que teñan as tres preguntas correctas. O venres 17 de febreiro anunciaremos o seu nome.

Imos coas preguntas!

1. Como naceu Disquecool?

a. En Padrón, arredor dun polbo á feira.

b. En Santiago, arredor dunha empanada.

c. En Lalín, arredor dun cocido.

d. En Tui, arredor dunhas filloas.

2. Cal foi a nosa primeira entrevista musical?

a. Jane Joyd

b. Bart Davenport

c. Xoel López

d. Kathryn Calder

3. Onde NON estivemos  (polo que a Disquecool respecta, non pedimos que indaguedes na nosa vida real)?

a. Las Vegas

b. Estambul

c. Dublín

d. Passau

A xogar!

Fotos | Disquecool

Shares

Etiquetas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *