Ir de viaxe cun Louis Vuitton

Por que teñen tanto éxito iniciativas coma as coleccións cápsula dos deseñadores célebres para H&M? É pola súa impresionante beleza (pensade no que fixo a daltónica Donatella e no rápido que se vendeu) ou é porque no fondo todos queremos ter na casa un vestido, unha camisa ou un o que sexa do deseñador X? Pode que ningún de nós poida plantexarse facerse xa mesmo cun bolso ou unha maleta de Louis Vuitton, pero si poderá ir de viaxe con algo da marca francesa.

Louis Vuitton ten a súa propia colección de guías de viaxe, cun prezo de 25 euros. Londres, París, Roma ou Hong Kong- Macau son algúns dos títulos das guías que se venden de xeito independente. En packs ‘continentais’ – e por uns xa máis cumpridiños 100 euros o lote – cada guía fala de moitos máis lugares. O pack Europa recolle recomendacións para 37 cidades europeas, con destinos tan exóticos como Birmingham ou Odessa.

As guías recollen recomendacións pouco coñecidas deses destinos turísticos, acompañadas por ilustracións de Rubén Toledo. Ademais, invitan a guías célebres a explicar que é o que máis lles gusta das cidades das que falan e cales son os seus recunchos segredos.

Todo é por suposto moi chic, moi estiloso e moi elegante. Á venta na web de Louis Vuitton.

Foto |Facebook oficial Louis Vuitton

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *