O 20N en 4 cancións

O mellor das campañas electorais non son os inflamados debates, nin os programas complexos e densos, nin as paixóns, nin que non che toque estar na mesa electoral. O mellor das campañas electorais son eses momentos nos que aos responsables de marketing e aos seareiros atolados dos partidos políticos lles da unha volta e lanzan algunha cousa que eles pensaron que era grandiosa e que é impactante… polo cutre, polo chungo e sobre todo polo surrealista. O programa de puntos de Alfredo Pérez Rubalcaba, o candidato socialista, para aqueles que máis falaran da súa campaña en redes sociais (podías levar unha cunca térmica!!) merecería un post. O community manager do Partido Popular un monumento polos bos ratos que nos fixo pasar meteduras de pata na conta de Mariano Rajoy mediante. Pero hoxe non queremos recuperar iso. Hoxe imos falar da canción como arma (ou contra arma) electoral. 

4. Somos madres. O coro de nais do Colegio Esclavas del Sagrado Corazón de Jesús foron as estrelas dun mitin do Partido Popular valenciano cunha canción abraiante, adaptación do ‘Somos novios’ de antano. Elas tiñan o fogar “limpio y puro” e, claro, foron carne de escándalo. O audio, da Cadena Ser (cos seus anuncios…)

3. O príncipe do PP. Esta obra de arte non saiu de ningún partido político, senón do programa de Cuatro ‘El Hormiguero’. E incrible o ben que conseguiron que a historia de Mariano Rajoy encaixe coa do Príncipe de Bel Air.

2. Os seica modernos non son socialistas. Un grupo español (levan peiteado à la Justin, por se iso vos axuda a clasificalos) tiña unha canción titulada ‘No te creo’ que ía de desamor e as clásicas cousas. Unha seareira do PP descubriuna e fixo un montaxe en contra do candidato socialista, engadíndolle o Alfredo. O grupo dixo en Facebook que eles non autorizaran nada e que estudaban emprender accións legais, aínda que uns días despois pensárono na almofada e lanzaron a súa propia versión tamén anti socialista. Agora o ‘Alfredo no te creo’ escoitase nos mitins do PP.

1. Toni rapea. Toni Cantó é o absoluto protagonista da parte musical desta campaña electoral. O actor preséntase por UPyD nas listas da Comunidade Valenciana e decidiu vender o seu programa a ritmo de rap. Anunciouno en Twitter dicindo (mellor non traducilo) “Toni, finalmente, Cantó”. Foi trending topic e deixounos a moitos coa boca aberta da cuarta. Algúns aínda non a pechamos. É a mellor canción da política española dende o Alejandro dun alcaldable popular catalán.

Conseguirán as cancións arañar algún voto? Será perseguido anos máis tarde Toni Cantó polo día no que – como el dixo – cantou? Por que os partidos galegos non se lanzan á campaña melódica?

Shares

3 comentarios

  • Pablo di:

    Qué gran post!
    Non sei cal é mellor, dubido entre as “nais cantoras” ou O príncipe do PP.

  • O príncipe do PP e boísimo!!! Que ganas de voltar a ver isa serie. (non a que se nos avecina)

  • Osvilas di:

    O que me perdín por quensar que non había nada novo nas campañas.
    O príncipe, xenial; as monxas, jaja, misa de cura guay- bueno cool- e os pijos do grupo musical, vailles moi ben o papel- pura COPE.
    Cantó,……………….. o de sempre, pero en rap.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *