A nova vida das vellas pesetas

Tes algunhas pesetas gardadas nun caixón por cuestións sentimentais ou porque con total sinceridade pensas que dentro duns anos terán un valor de miles e miles de millóns?

Sobre o primeiro punto non temos nada que dicir. Sobre o segundo… que moitos pensaron, case 100% seguro, o mesmo ca ti. O que non todo o mundo pensou é o de utilizar as pesetas moribundas para facer algo con elas. Unha nova vida para a moeda que nestes tempos de tribulacións económicas algúns ata botan en falta.

Chámanse Gemelos a Peseta e fan iso tan señorial (pero de repente moi trendy!) que son os xemelgos. Os xemelgos xa non son algo que podería ter levado o teu avó, senón que se converteron nun complemento inescusable para todo gentleman que se prece ou para toda fashionista que queira ser un pouco diferente.

En Gemelos a Peseta o material base do produto son as vellas pesetas. Un fashionista apaixonado da numismática foi quen tivo a sorprendente idea de unir as súas dúas paixóns. Como fan os xemelos a man, de forma totalmente artesanal, ninguén terá o teu mesmo produto. E ademais, se tes unha moeda que amas especialmente, convértena na xoia que ti elixas.

Tamén fan xemelgos con moedas desaparecidas doutros países, como os escudos.

Vía @PalomadelaVega

Fotos | Gemelos a Peseta

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *