Os Sugus xa non son só cadrados

Non hai nada máis clásico que os cadradiños Sugus, cos seus sabores habituais (incluído o de piña que tanto xogo deu en Twitter a semana pasada…) e a súa textura blandiña. Pois ben: neste mundo de cambios e modernizacións, os Sugus tamén cambiaron de look. Agora, os clásicos Sugus cadrados teñen un irmán máis novo cun deseño renovado. Chegou o Sugus rectangular.

Os novos Sugus son bastante sorprendentes. Teñen o aspecto exterior clásico dos habituais caramelos: alongados, co papel dobrado nos extremos; o que os diferencia do Sugus de toda a vida. Os sabores tamén son diferentes aos clásicos: os Sugus rectangulares son de pera, mazá, cereixa e pexego.

“Os Sugus de sete gramos son de forma rectangular para diferencialos dos Sugus tradicionais de toda a vida”, apuntan dende a compañía fabricante. “Pensamos que os sabores que seleccionamos complementan a gama que hoxe teñen os Sugus de toda a vida, os cadradiños”, engaden.

Segundo explican dende a firma que os fabrica, Wrigley, os Sugus rectangulares levan xa no mercado dende 2009, á venta en tendas de lambetadas e grandes superficies en formato quilo e bolsa de 100 gramos.

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *