A Nancy clásica volve

 

Nancy cumpría non hai moito corenta anos, unha idade complicada. Para modernizala, Famosa lanzou unha versión máis moderna da boneca, que é a que agora poden mercar todos os pais para os seus fillos desexosos de xogar cunha das bonecas máis clásicas. Aqueles que xogaron nalgún momento deses corenta anos de vida coa Nancy non acabaron de vela con bos ollos. Esa Nancy non era a verdadeira.

Se cadra para telos contentos, ou para celebrar os 43 anos de Nancy, Famosa acaba de lanzar unha edición limitada e vintage: só 8.000 bonecas Nancy chegarán ao mercado con estas características.

A Nancy de colección é unha auténtica versión revival. Reproduce exactamente á primeira Nancy que chegou ao mercado no 1968. Teñen o mesmo cabelo cobre e o mesmo estilismo. A de 2011 chega cun vestidiño branco e cuns zapatos de botón negros, inspirados no primeiro look que Tino Juan – o creador de Nancy – creara para ela.

Chegará ás xogueterías en breve e por 39,95 euros.

Shares

1 comentario

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará