CMFW: O who is who do Ego

Unha das cousas que non imos criticar da Cibeles Madrid Fashion Week é El Ego, a pasarela alternativa que concentra, no derradeiro día da semana da moda (hoxe) a novos e emerxentes deseñadores chegados de toda España. Fóra dos nomes consolidados (e… por que non dicilo? moitas veces tan aburridos…) hai un panorama de novas sinaturas, o futuro da industria da moda en España. Destas sinaturas, as máis selectas desfilan na Sala Neptuno.

Ademais  dos nomes que desfilan, El Ego conta co seu chamado showroom, un espazo en Cibelespacio no que algúns creadores novos poden vender as súas creacións. Vaga a pena traer efectivo. Non todos aceptan tarxeta de crédito e ás veces pódense descubrir auténticos caprichos.

Como, por exemplo, os aneis-caixa-de-galletas de Abataba, unha das firmas participantes na zona de showroom da presente edición.

“Vimos a El Ego porque cremos que é unha boa oportunidade, unha forma de que se nos vexa”, explícanos Ana, unha das dúas persoas que están detrás desta marca. Os seus produtos non son nada caros (os aneis estaban, como moito, nos doce euros) así que se converten nunha opción máis alcanzable que os luxosos vestidos que soben a pasarela.

As vendas non son, sen embargo, o que buscan os deseñadores emerxentes que participan no showroom. A palabra clave, que sempre sae a relucir cando os abordas, é contactos. Ana, de Abataba, dinos que non só ven e poñen cara aos contactos previos, senón que tamén se engaden outros coñecidos. Mónica, pontevedresa, de leónlagata, explícanos que estar en El Ego permite coñecer a “bloggers, estilistas, tendas…” e dar máis visibilidade á marca.

As bloggers son unha peza fundamental de Cibeles nas últimas edicións, contando cun espazo propio patrocinado sempre por algunha marca (Asus, en edicións anteriores; ZTE, nesta, na que aproveitou para presentar un smartphone con Jon Kortajarena de padriño) e tendo sitio para cubrir para as súas bitácoras o día a día da pasarela. As bloguers de moda son xa unha figura indispensable desta industria, cunha influencia moi importante no que se pon e no que non se pon, e convertidas  xa, nalgúns casos, en personaxes por si mesmas (recordade a historia das bloggers ás que Zara lle roubou á imaxe para estampar unhas camisetas…)

Pasarela Ego

El Ego arrancou en 2006 e nesta edición, como sucedía na do pasado febreiro, está patrocinada por Burger King. A sensación de ver bolsas de produtos estilos co rei que serve de mascota á cadea de hamburgueserías é bastante paradóxico (pasada edición), hai que confesar. E escasamente glamuroso.

Nesta, a presencia da marca de comida rápida limitábase a unhas coroas que se daban coa compra. Eran exactas ás do King, en cartón e co nome do deseñador nelas. Ademais, un panel cheo de bolas coroadas permitía descubrir toda a lista de participantes.

Nesta edición subíronse á pasarela María Ke Fisherman, Shen Lin, Moisés Nieto, Ibai Labega, Luis Manteiga, Alberto Puras, Ixone Elzo e Etxeberria. Tamén o fixo Alba Caralda, unha deseñadora galega emerxente que se inspirou na obra do arquitecto brasileiro Oscar Niemeyer, no grupo vangardista alemán Kraftwerk e no Scalextric (si, efectivamente, aquel co que xogabas na infancia) para a súa colección. Segundo o dossier de prensa, a súa roupa é deportiva e urbana e ten por materiais o “tyvec, plásticos de PVC, polipeles y charois gloss”.

Na Pasarela de El Ego, participa tamén Beba’s Closet, que é, sen dúbida, a miña favorita. Podedes ver a súa colección en TVE (sobre o minuto 17, atención ao logo BK no fondo…). Beba’s Closet aposta por roupa moi feminina e moi delicada. A súa colección chámase Pink Days & Blue Days.

Máis fotos e cometarios, no noso Twitter

Fotos | Disquecool

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *