Isto non é nada cool. Os lumes que están a devastar estes días hectáreas e máis hectáreas en Galicia e en Portugal chamaron a atención ata da NASA, que publicou hai un par de días esta imaxe na súa web Observatorio da Terra (Earth Observatory). A foto foi tomada polo satélite Terra o día 11 de agosto.
A NASA ten tamén outra ferramenta moi útil na que se poden ver sobre o mapa algunhas das anomalías que detectan os satélites, neste caso os lumes. Esta secuencia amosa os incendios (puntos vermellos) entre os días 6 e 15 de agosto.
Fonte: NASA