BeerYoga: a nova moda berlinesa é exactamente o que imaxinas

It’s Friday. It’s BierYoga. #tgif #bier #beeryoga #germany #berlin #beer #yoga #bieryoga

Una foto publicada por BierYoga (@bieryoga) el

Deixemos as cousas claras desde o principio: o beer yoga non é un invento alemán, e por iso escribo beer e non bier. A moda naceu en Estados Unidos, onde de súpeto alguén tivo a xenial idea de organizar clases de ioga en cervexerías (artesanais, todo moi hipster): unha sesión de 45 minutos de asanas e despois, unha cervexa gratis (e as que queiran de pago). O resultado foi un éxito para todos: as cervexerías gañan clientes e os instructores de ioga logran que haxa máis homes que proben as clases.

A cousa entón chegou a Alemaña a través dunha profesora que descubriu a idea no festival Burning Man e decidiu darlle un toque máis divertido. Por que esperar a que remate a clase para empezar a beber? Por que non mesturar a cervexa e o ioga, ancestrais prácticas de relaxación, nunha fermosa fusión? Así naceu o bier yoga, unha desas ideas que non sabes se é moi boa ou terrible ata que a probas. Os que así o fixeron din que é maxistral.

En que consiste exactamente? Nunha clase de ioga normal, pero cunha botella de cervexa, aberta e chea, como accesorio. Chea ao principio, claro, porque o obxectivo é ir bebendo dela en distintas posturas cando vaia dicindo a profe.

A clase, claro, evoluciona. Os alumnos van sentíndose máis seguros e con menos vergoña -unha das razóns polas que moitas persoas non van a clases de ioga -conforme pasa o tempo e o alcol, aínda que as súas capacidades motrices e o seu equilibrio, elementos moi importantes da práctica, van disminuíndo. Ao final hai risas e relaxación.

“BeerYoga é o casamento de dous grandes amores, a cervexa e o ioga”, din na web. “Ambas as dúas son terapias con séculos de historia para o corpo, a mente e a alma”. Como levarlles a contraria? Iso si, nada de ir ás clases coa única intención de emborracharse. Na web tamén advirten de que toman moi en serio tanto a filosofía do ioga coma o pracer de beber cervexa para “alcanzar o máximo nivel de consciencia”. Respira fondo, bebe un trago e di om.

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *