disquecool - O medio de tendencias made in Galicia
  • Arte&Deseño
    • A Revolución dos Cravos nas fotos de Rui Ochoa
      A Revolución dos Cravos nas fotos de Rui Ochoa
    • Arte pública en Rianxo
      Arte pública en Rianxo
    • Proxectar: como se deseñan os obxectos?
      Proxectar: como se deseñan os obxectos?
    • Street Art
    • Marketing
  • Escenas
    • 4 películas e series sobre a intelixencia artificial
      4 películas e series sobre a intelixencia artificial
    • Algunhas cousas para facer en xullo
      Algunhas cousas para facer en xullo
    • Shondaland e a máquina de facer cartos
      Shondaland e a máquina de facer cartos
    • Cine
    • Teatro
    • Televisión
  • Estilos de Vida
    • A morte das maiúsculas
      A morte das maiúsculas
    • Crise dos 40? O poder dos cambios de década
      Crise dos 40? O poder dos cambios de década
    • Benvida á era da decoración taciturna
      Benvida á era da decoración taciturna
    • Cosmética&Perfumería
    • Viaxes
    • Gourmet
    • Vida Aquelada
  • Letras
    • Novelas, crónicas e moitos máis libros para a rentrée
      Novelas, crónicas e moitos máis libros para a rentrée
    • Vila do Libro: así celebra Pontedeume a literatura
      Vila do Libro: así celebra Pontedeume a literatura
    • Unha lista de lecturas repousadas para entender a vaga de incendios forestais
      Unha lista de lecturas repousadas para entender a vaga de incendios forestais
  • Moda
    • O parasol volve
      O parasol volve
    • Roade, unha nova proposta de moda sostible e de proximidade
      Roade, unha nova proposta de moda sostible e de proximidade
    • As bonecas Bratz son a nova icona de estilo en moda (de verdade)
      As bonecas Bratz son a nova icona de estilo en moda (de verdade)
    • Zapatos
    • Street Style
  • Música
    • Como as eras invadiron a nosa vida
      Como as eras invadiron a nosa vida
    • Vídeos para a semana: guía de Belle and Sebastian para non iniciados
      Vídeos para a semana: guía de Belle and Sebastian para non iniciados
    • The Cultural Borders of Songs: percorrer o mundo de hit en hit
      The Cultural Borders of Songs: percorrer o mundo de hit en hit
  • Tecnoloxía
    • Doomscrolling: por que non podes deixar de ler malas noticias en redes sociais
      Doomscrolling: por que non podes deixar de ler malas noticias en redes sociais
    • A eurovisiva canción coa que Vietnam lembra lavar as mans contra o coronavirus
      A eurovisiva canción coa que Vietnam lembra lavar as mans contra o coronavirus
    • Os móbiles con tapa volven
      Os móbiles con tapa volven
    • Social Media
    • Análises
  • Longform
    • Novelas, crónicas e moitos máis libros para a rentrée
      Novelas, crónicas e moitos máis libros para a rentrée
    • Unha lista de lecturas repousadas para entender a vaga de incendios forestais
      Unha lista de lecturas repousadas para entender a vaga de incendios forestais
    • Shondaland e a máquina de facer cartos
      Shondaland e a máquina de facer cartos
Por Raquel C. Pico Arte&Deseño28/04/2014

Por que precisas escribir un diario?

diario

Posiblemente cando alguén che fala de escribir un diario, pensas inmediatamente en preadolescentes con diarios con candadiños (que seguro que os seus pais son capaces de abrir cunha pinza do cabelo – o que seguramente os faga sentir como axentes especiais dalgún serie da televisión – para espiar os seus secretos) ou en mulleres de vidas aburridas do pasado moi pasado que agora son publicados en complexas edicións anotadas (por que as notas a pé de páxina son agora notas ao final do capítulo ou no final do libro?). Pero o certo é que un diario é algo máis que todo iso. Pode ser a chave para a túa creatividade. Iso é o que recomenda, entre outras cousas, Austin Kleon no seu provocador libro (é ou non é atrevido o seu título?), Steal Like an Artist: 10 Things Nobody Told Me About the Creative Life, que en castelán foi publicado hai uns anos como Roba como un artista .

Kleon recomenda manter un caderno de bitácora, que se cadra é un termo máis axeitado. Non se trata de escribades sobre o mal que vos levades cos vosos pais, o moito que vos mola X (que por suposto non vos fai caso, que para iso é unha historia amorosa de diario!) ou as vosas derivas narcisistas. Non. “Tal como precisas unha gráfica para os eventos futuros (outra recomendación), necesitas unha para os pasados”, apunta. Non tes que facer dramáticas reflexións, senón escribir en que estás traballando, a onde fuches comer ou a peli que viches no cine, indica, porque todos eses pequenos detalles servirán para que no futuro podas recordar os grandes e funcionarán como unha sorte de madalena de Proust que acelerará o teu cerebro (e a túa creatividade).

Pero por suposto levar un diario non é máis que unha mínima parte das recomendacións que fai Austin Kleon en Steal like an artist para como conseguir ser creativo (e non morrer de desesperación no intento). A primeira é, como indica o título, a de esquecer que temos que atopar grandes ideas e moitas cousas novas porque os artistas non inventan nada… en realidade rouban. Todo está inventado. Os artistas, as persoas creativas, asegura, van collendo de aquí e de alí e o resultado final é esa cousa marabillosa que son as obras. E como hai que ir roubando alí a acolá, o mellor é ter sempre enriba algo que nos permita anotar. Un pequeno caderno servirá.

Ese é o primeiro paso para ser un escritor, un deseñador, un artista. Un dos segundos é o de mentir ata que chegue o momento. O importante é a pose!!! Non es nin un escritor, nin un deseñador, nin un artista… pero non importa. Tes que dar a impresión de que xa o es. E a conversión nun deles chegará ao final. Finxe ser ata que o sexas.

Outros consellos para conseguir ser creativo son o de separar o mundo dixital do analóxico e non esquecer nunca a ese último (Kleon ten no seu estudio dúas zonas separadas: a do ordenador e o techie e a do papel  e os bolis), deixar a casa (porque nada nos fai espertar máis que andar en contacto cos outros) ou non deixar o traballo (porque se non tes con que mercar para comer, malamente poderás ser creativo).

Foto Magic Madzik

Shares
  • Bio
  • Últimos posts
Raquel C. Pico

Lectora entusiasta (e si, tamén de bestsellers pouco intelectuais ;) ) e xornalista. Escribo sobre moitas cousas en Disquecool e sobre libros e cousas literarias en Librópatas. Podes atoparme en @raquelpico , en GoodReads e en raquel@disquecool.com

  • Website
  • Twitter
  • LinkedIn
Últimos posts de Raquel C. Pico
  • Novelas, crónicas e moitos máis libros para a rentrée
  • A morte das maiúsculas
  • Vila do Libro: así celebra Pontedeume a literatura

Tamén che pode interesar

A Revolución dos Cravos nas fotos de Rui Ochoa

Arte pública en Rianxo

Proxectar festival de deseño industrial en Nigrán

Proxectar: como se deseñan os obxectos?

Benvida á era da decoración taciturna

Lúa Ribeira e a súa agonía no xardín

A catedral de Santiago, sen segredos

Algunhas cousas para facer no mes de maio

4 exposicións que podes ver antes de que remate o mes e con entrada de balde

Xa temos cor do ano para 2022, a Pantone 17-3938 Very Peri

Etiquetas

autoaxudacreacióncreatividadelibrosSteal like an artist

Comparte en

  • Facebook
  • Twitter
  • Pinterest
  • Google +
  • LinkedIn
  • Email
AnteriorQuen é cool? Una exposición estadounidense dá 100 propostas
SeguinteMorramos de amor: Miyazaki en 8bits

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

publicidade

Longform

  • rentrée literaria galega
    Novelas, crónicas e moitos máis libros para a rentrée
  • incendios forestais
    Unha lista de lecturas repousadas para entender a vaga de incendios forestais
  • Shondaland
    Shondaland e a máquina de facer cartos
  • Fotos para a fin de semana: Unha viaxe no tempo polas praias de Galicia
  • Temos que falar d’ Unha rapaza prometedora
  • Margot Sponer, investigadora na Galicia de 1926
disquecool
Ad

Disquefichas

  • Disqueficha: Iria Misa
  • Disqueficha: Ólöf Arnalds
  • Disqueficha: Miguel Noguera
  • Disqueficha: Chris Geddes (Belle & Sebastian)
  • Lady Lamb the Beekeeper cubre unha disqueficha
    Disqueficha: Lady Lamb the Beekeeper
  • Torres cubrindo unha disqueficha
    Disqueficha: Torres
  • Anna Terheim - Disqueficha
    Disqueficha: Anna Ternheim
  • Entrevista Trampoline
    Disqueficha: Trampoline
  • Disqueficha: Manolito de Niño y Pistola
    Disqueficha: Manolito de Niño y Pistola
  • Nacho Escolar enchendo a súa disqueficha
    Disqueficha: Nacho Escolar
disquecool

Disquecool é o primeiro medio de tendencias made in Galicia, no que falamos de música, letras, estilos de vida, tecnoloxía, marketing, moda ou arte e deseño. Disquecool apareceu en maio de 2011 na rede! Coñece máis sobre nós.

Licencia Creative Commons

Obra baixo licencia Creative Commons BY-NC-SA

Aviso legal e privacidade
Política de cookies
Deseñado por Simbolóxico e Vertixe

Feito con ♥ en Galicia
Arriba
Usamos cookies propias e de terceiros para ofrecer unha mellor experiencia de navegación. Máis información na nosa política de cookies.
Ok
x
Shares