Viaxe polo mundo tralas delicatessen das avoas

Tailandia

Xa sabedes que todas as avoas do mundo cociñan mellor que ningunha outra avoa do mundo enteiro. E dá un pouco igual de que esteamos a falar exactamente cando falamos das delicatessen da nosa avoa. Sexa o que sexa para nós é o mellor do mundo enteiro. Para min, por exemplo, é a tortilla con chourizo que facía a miña avoa Concha (e unhas patacas fritas que cortaba cun aparello especial e tiñan forma ondulada!) e estou seguro que ninguén batiría ás tortillas que facía a miña avoa. Todo o que fan as nosas avoas é auténtica delicatessen, ou iso é o que pensa Gabriele Galimberti, un fotógrafo italiano que está detrás dun interesante proxecto que fotografía ás avoas nas súas cociñas cos seus mellores pratos.

Delicatessen with love recolle a avoas de 58 diferentes países, como apunta Demilked. O fotógrafo percorreu o mundo colándose ata as cociñas e os salóns para ver os ingredientes previos e o resultado final dos pratos. Hai avoas de todas partes do mundo, como a que abre este artigo e que é de Tailandia (e ten ese marabilloso mantel de Doraemon!), pasando pola de España, a de Albania ou a de Bolivia. E por suposto a avoa italiana, que é a do fotógrafo e que é quen lle fixo unha boa comida antes de comezar a aventura.  E que, como explican na introducción que no site de Galimberti se fai do proxecto, estaba máis preocupada polo que ía comer o seu neto durante a viaxe que polos riscos que podería supor percorrer medio mundo.

Foto | Gabriele Galimberti 

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *