O arte latte é cada vez máis popular e case xa nin nos sorprende cando ao servirnos o café con leite aparecen corazóns, arbores ou cariñas amistosas. Claro que, como en todo, no arte no café tamén hai diferentes niveis. Está, por exemplo, Mike Breach, o responsable de Baristart, un Tumblr no que colga as súas creacións na máquina do café e que van moito máis alá dos debuxos clásicos desta arte. E está Kazuki Yamamoto, un artista xaponés do arte do café que foi un paso máis alá e empezou a facer creacións con volume nos cafés que lles servía aos seus clientes. Yamamoto traballa nunha cafetería de Osaka e fai esculturas coa espuma nos cafés que lles serve aos seus clientes. As súas creacións saen das cuncas (algunha vez incluso para saltar a outra!).
Yakamoto comezou experimentando co leite que quentaba coa máquina de café, como lle conta a BusinessInsider, ata que un día un dos seus amigos o retou. Podería facer coa espuma do café unha imaxe que representase a un personaxe de anime concreto? Así comezou a súa carreira no mundo das esculturas no café. Cada día publica no seu Twitter imaxes das súas obras e por suposto Yakamoto é xa unha sensación na rede.
Fotos | Twitter do artista