Concurso exprés! Concurso exprés!
Aínda non tedes plan para este venres 24 de maio? Estaredes en Vigo? Propoñémosvos unha idea: ir á Fábrica de Chocolate a ver a Aaron Thomas. Para amantes do pop de guitarra acústica, das melodías perfectas, para os que non se perden nada de Josh Rouse (nin a tropical Valencia -somos moi fans en Disquecool), Damien Rice ou Josh Ritter. Para os que aínda escoitan aos Beatles e aos Kinks e a Crosby, Stills, Nash & Young. Para todos vós, a cita con Aaron Thomas o venres en Vigo (e o xoves en Compostela) é ineludible. Os non convencidos escoitade isto.
Listo? Ben. Agora para os que queredes ir ao concerto de Vigo (para o de Compostela podedes probar sorte en Desconcierto): sorteamos dúas entradas! Como sempre, pedimos de vós algo máis ca un simple correo electrónico para participar. Queremos que pensedes (tampouco moito) e contestedes unha pregunta. Neste caso toca pensar en migracións e lugares onde vos gustaría vivir. Aaron Thomas é un australiano afincado en Madrid. Se puidésedes escoller en que lugar do mundo vivir, onde sentariades base? (e non, non nos vale Galicia, queremos alternativas!). Deixade a resposta nos comentarios!
Tedes desde este momento ata o xoves ás 14:00 para participar. Os gañadores recibirán un email esa mesma tarde: un mail que teñen que contestar co seu nome se queren entrada antes da medianoite dese mesmo día!
Agora xa sabedes. Collede un globo terráqueo, un atlas, ou simplemente pensade en todos os episodios de ‘Españoles en el mundo’ (ou ‘Galegos no mundo’) que tendes visto e contádenos onde queredes vivir!
*As entradas son cortesía de Work on Sunday, dádelles as grazas a eles!
As praias desertas de Nabimia
pois eu iríame a vivir a un barco que navegara polas costas dos trópicos, con calorciño, cocoteros e augas transparentes (creo que esta longa noite de inverno axuda)
pois agora mesmo diría que Vancouver, non me preguntes moito por que, se cadra por combinar Pacífico y Canadá que semella unha boa combinación…
recoñezo que me pica a curiosidade por ver como viven os ianquis…
e se non, arxentina ou uruguai que falan bonito!
Eu iriame á polinesia, a vivir constantemente rodeada de mar e bo tempo, e construiría a miña vida entorno a praia para sentir a salitre na pel tódolos días
Eu emigraría á casa da miña avoa! Cerquiña de Lalín. Non me quero ir moi lonxe que alí estase moi ben.
A un paraiso fiscal!
Pois se non se pode elixir Galicia, eu digo a Lúa, así xa somos dous
Se tivese que elexir agora mesmo, un lugar para pasar unha temporada longa, penso que sería San Francisco.
Para pasar uns meses?? en calquer rincón do mundo!
Eu iria a Ouagadougou, não deve ser o melhor sítio do mundo, mas tem um nome divertido. Não posso ir ao concerto
Yo me iría a vivir a la Isla de Man porque un lugar que tiene como emblema un trisquel que son tres piernas corriendo sólo puede ser un divertido lugar.
http://es.wikipedia.org/wiki/Isla_de_Man
En calquera dos que saen en “Españoles por el Mundo”. Vense todos tan felices! ;)
Encántame a hospitalidade do continente americano. Non sei… A Chile, por exemplo, que teñen outro Santiago!
Marcharía a Rusia, porque alí todo é posible (Un tanque pola estrada, snowboard dende un coche…)