Arte de denuncia a partir de Google Maps e das alfombras persas

As diferentes ferramentas de Google foron empregadas xa en varias ocasións como materia prima para a arte. Así, por exemplo, Google Street View e as súas descontextualizadas fotografías mutaron en arte (e arte que invita a pensar) grazas ao traballo de Jon Rafman. E agora Google Maps é a base para unhas construcións fotográficas que imitan o deseño das alfombras persas (un clásico da idea do que debe ser unha boa alfombra) e que intentan transmitir como a man do home está influíndo no planeta. O resultado é a obra de David Thomas Smith, que na súa serie Anthropocene (agora mesmo en exposición na galería dublinesa The Copper House) busca explotar o servizo de mapas do xigante para ser transmitir esa mensaxe.

E como fai Smith para converter a cantidade inxente de información que se pode atopar en Google Maps nestas obras de arte? Como explican no site da galería, cada unha das imaxes está composta por “milleiros e milleiros de miniaturas” que son en realidade pantallazos do servizo. Unha vez tomados todos eses pantallazos, o artista emprega Photoshop para crear as imaxes finais, “incriblemente detalladas”, din na web da The Copper House”, “ata un nivel que só se pode realmente experimentar en persoa”.

Por suposto, Smith colle como base para a súa obra lugares recoñecidos e nos que a man do home fixo moito por cambiar o ecosistema.

Fotos | The Copper House

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *