[Disquefesta] Razón 5: exposición de arte viaxeira

O noso buzón xa está máis feliz. Desde que lanzamos a nosa Convocatoria Disquecool de Arte Postal recibimos algúns sobres con contidos moi especiais. Poderedes descubrilos o próximo 15 de setembro na nosa Disquefesta, pero xa vos avanzamos que algúns veñen de moi lonxe, do outro lado do océano, outros de máis preto, e tamén os hai dalgún país veciño.

Para aqueles que aínda tedes a vosa creación a medio facer enriba da mesa, ou os que o deixades todo para o último día, aínda estades a tempo, pero apurade! Xa sabedes que o prazo para a recepción das obras remata o 13 de setembro. Lembrade que podedes enviarnos ata 3 traballos artísticos ao redor da creatividade. Sodes libres de utilizar a técnica que prefirades, e as medidas poden ser calquera das aceptadas polos servizos postais, ata un máximo de DIN A4. Toda a información está dispoñible nas bases da convocatoria.

O noso carteiro xa está farto de que lle preguntemos cada día se ten correo para nós. Estamos desexando ver as túas creacións!

Foto portada | Flaxman Library

Shares

1 comentario

  • vane di:

    Bueno….una idea ,que a mi me gustaría claro. Sí podeis depues de la Disquefesta, podeis poner las ganadoras o algunas de ellas, es que me gustan mucho. Siempre y cuando los creadores os dejen pero me parece genial para los que no podamos ir, bueno es una sugerencia ahí se queda. Gracias!!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *