Disquecool empezou de forma oficial o 1 de maio de 2011, pero en abril xa empezamos a publicar artigos para que houbese arquivo cando botásemos a andar. Un deses primeiros posts estaba adicado ao instrumento hipster por excelencia dos últimos anos: o ukelele.
Hai ukelelistas no universo moderno galego? Sabemos que si e moitos sodes lectores nosos, polo que pensamos que a nosa Disquefesta non estaría completa sen unha xuntanza de ukeleles, unha ukekedada para tocar todos xuntos unha canción. A escollida é O Tren, de Andrés do Barro. Catro acordes dos fáciles. Ao alcance de todos.
A idea é que, cos materiais que vos pasamos a continuación, aprendades e ensaiedes a canción na casa. O día da Disquefesta, a iso das 19:30 horas, xuntarémonos todos os ukelelistas para un ensaio xeral. Ás 20:30 horas será a actuación conxunta!
Materiais:
– Documento PDF coa letra e os acordes
– Como demostración práctica, un colaborador anónimo de Disquecool enviounos este vídeo no que toca a primeira parte de O Tren no ukelele.
– Por se non lembras a orixinal:
A ensaiar!
Ay! Pero cómo se afina estooooo! :-)