Os da Ría confían na amnistía fiscal para financiar o seu disco

Os da Ría

É realmente posible acadar popularidade no mundo da música sen lanzar ningún disco? Os da Ría son o claro exemplo de que así é: concerto a concerto e con temas como Alberte Núñez Feixóo ou Sin duda leo a Neruda son xa un imprescindible da cultura popular galega. Non obstante, e para goce de todos eses fans que ata agora se tiñan que conformar con escoitar todos estes grandes éxitos en YouTube cando non poden ir a ver a Os da Ría en directo, o grupo vén de anunciar a gravación dun disco de “grandes xites”. Será o ‘Disco Díscolo’, e para financialo Os da Ría queren contar coa axuda dos fans. Son tempos de crowdfunding e unha banda tan punteira como Os da Ría non ía a quedar fóra. Para saber un pouco máis sobre o ‘Disco Díscolo’ e sobre esa campaña de financiación en Verkami que inclúe o lanzamento dun viño propio (o “Senlleiro”) enviamos a Fabián e a Arturito unhas preguntas por mail. Isto foi o que contestaron.

– Por que un disco agora?

Arturito: Como ben sabereides levamos un tempoliño con a nosa xira de despedideira, e en xocaloma nos endeprenguntan, para en cando un recompilatoiro de grandes xites? Falámos-o e endecidimonos a ensarillalo.

Fabián: Certo é, mais que tanto Arturito coma eu pensarelamos que estos non son tempos de rebeldivia e furibundia, son tempos de endeixarse estar, deixarelar gobenrar a quen saiba gobenrar e vividelar gozousos de as cousas belidas que nos da a vida. Cousas tailes como esas cantarelas tan gorenciosas e senlleiras que xa formarelan parte de os vosos soños e de os vosos recórdolos.

– Por que decidistes financialo a través dos fans?

F: An Triñáns, a nosa representante, emperxeñou para os nóscolos unha xiradeliña gozousa por bares pequeneiros e pequenas prougas en as que ter un contáctolo con o púbrico. En este conteusto, imos estar en a ultranoitébrega de a Ramallosa, Teo, de a fin de semaa de o 16 e encelebrar a noite de o 23 de xuño con os amígolos de o Liceum, en O Porriño. E pensarelamos nós, e xa que embaixamos a entre a xenteliña de o común, para nos endeixar querer tocar e gouzar, por que non facer os empartícipes de o grande Disco Díscolo.

A: Certo é, non é por os nóscolos, que a nós 1000 euros máis ou menos que máis non da, a nós que nos costa. É máis ben por a xenteliña, por o contenteiros e contenteiras que van a enficar en adiantando os gastolos e conquerindo logo en o mes de nadal o seu disco díscolo, as súas botelas de viño Senlleiro…

Compradela xa o disco díscolo de Os da Ría, toda unha vida de xites from Os da Ría on Vimeo.

– A recompensa maior que ofrecedes en Verkami é para quen aporte 1.500 euros. Credes que vai a haber algún mecenas nesta categoría?

F: En agardadelamos que así seiña. Son tempos de amnistías fiscais e outros retrouxos.

A: Vou apuntarelar esa frasoleira para compunxir unha cantarela, Fabián: “Tempos de amnistías fiscais e outros retrouxos”, gostarelei, isto é só buscarlle algo de ritmo, harmonía e meloudía e xa temos outro xite.

Senlleiro Os da Ría– O do viño Senlleiro é unha diversificación de negocio por se o da música non sae ben?

A: Nos temos a sortele de levar moitos ans envivindo de o mundo de a música, e moi ben ademáis, moi a góstele con todos os gobenres e moi querideiros por o prúbrico, pero xa hai tempo que invertelamos algunhas pequenas cantiaides de os nosos beneficious en as nosa viñas de o Ribeiro, e en colaboura con a xenteliña de a Adega María do Pilar,  endecicimosnosnos a sacarelar a nosa propia botela de viño, que empodeides mercadelar xa e que enchegará aos bosos fogares e negoucios de hostalereiría para as próximas féstolas de nadal

F: Xa non é só por cousa de negoucio, senón tamén e maioresmente por cousola de cultureliña. Sempre pensarelei que, se os franceses teñen o champaña, os cataláns o cávola, en porqué non os galegueiros temos o noso viño oficial de os bríndeles? ese viñolo vai ser o “Senlleiro” un ribeiro de moi alta caleidade encultivado e fermentoado con cariño artesanal que está chamado a ser o viño dos chinchíns, o viño dos bríndeles, o viño máis cantareiro e bailareiro, o viño, por defineición, máis “Senlleiro”.

– Canto tempo pode durar unha xiradeliña de despedideira?

Os dous: En ogallá que moitos ans

– Haberá algún tema inédito no disco ou tan só os “xites” que xa todos coñecemos e cantamos?

A: Pois sí, haberá temas novolos, entre os que contarelamos por exemplo, cun que se me acaba de ocurrir, que se chamarela Tempos de amnistías fiscais e outros retrouxos, Fernando Ónega, Que belo Ferro Couselo, O mojo Lacón, e denoutros que podan vir nascendo. O compunxir en como facer pop, xa sabedes, “cando fas pop, non hai stop”.

– As desaveencias persoais entre volos dous motivaron a separación do grupo. Seredes quen de gravar un disco xuntos? Que pasará con todos os cartos aportados polos mecenas se finalmente o proxecto é inviable? Cantas caixas de viño Senlleiro son 1.500 euros?

F: Pois se o proxeuto fora imbiable, deus non o endequeira, e non se conqueriran os 5500 euriños en os 40 dias de a campañeira, semplimente non se encobrarían, todo ficaría como endeestá e probablemente nunca chegaría a emhaber Disco Díscolo de Os da Ría. Sería unha mágola, pero nos endebémonosnos ao noso púbrico, e se o noso púbrico non quere díscolo, non terá Díscolo. E sobor de as desaveencias, fai tempo fixose unha reportaxeliñas en Miradiñas sobor de iso e ficou endeclaro que as relacións son ben bouas.

A: Pois 1500 euroliños de viño senlleiro non son, no fondo, tantas caixalas. É viño, si, pero de xoldra en xoldra e de festola en festola ben se dan embebido.

* Queres contribuír á financiación do ‘Disco Díscolo’? En Verkami tes toda a información.

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *