Segue o Festival de Eurovisión en directo!

21.11. Comezamos moi tarde con en directo pero empezamos!! United Kingdom e  o seu cantante famoso na postguerra están no escenario

Esta cobertura vai ser complexa porque escribe unha disquerredactora de Windows nun Mac. O británico tennos co corazón dividido. Hai quen di que é un artista dos bos. Hai quen pensa no suicidio.

21.16. Hungría… que dicir… Chámanse Compact Disc e “nin sequera son atractivos”. A chaqueta do cantante é un espanto e a canción non nos di moito. Queren ser modernos pero non saben. Malpocados.

Por certo, tamén estamos facendo comentarios no Twitter. Somos super multitarefa!

21.20. Chega Albania e nós damos conta do primeiro dos nosos pratos (estamos facendo unha cea multieuropea: o primeiro prato é un durum turco) . Sobre Albania (que nos mola que cante en albanés) só dicir que é como unha mala de Brancaneves chunga.

Deixamos de comer para comentar que ven Lituania, un home que conseguiu ser home Trapallada Deluxe. Canta cunha venda. Madre de deus… Comentarios malvados: o esmoquin quédalle mal e é “o típico que baila nunha voda”. (Borracho?) Que acaba de ser iso? Agora baila sepsi (e ten seducido xa a dúas disquerredactoras: pensamos en desfacernos delas?)

21.28. “Teñen campos saturados en Acerbaián” Os vídeos de publicidade son demasiado pouco convincentes. Bosnia gústanos como país, pero a súa canción está a matarnos lentamente. Estamos botando contas dos que non pasaron e nos doe: Montenegro e a canción do euro, o monxe que se rencontrou coa súa sexualidade de Georgia… Mágoa de todos eles!

21.32. A canción de Bosnia foi longa como un día sen pan… Chega Rusia!!! Favoritas nosas!!! Ben!!! Están facendo pan en escea. Cantan nunha lingua dunha república de Rusia, co estribillo en inglés. Temos un debate: as velliñas rusas son a Eurovisión en Rusia o mesmo que se nós mandamos unhas pandereteiras? E sobre todo… cando imos levar pandereteiras?

As velliñas rusas van gastar as ganancias en reconstruir unha igrexa.

21.37. Os de Islandia son uns dos favoritos, din por aquí, pero quen o di é a única que di que “esta canción ten moita locura”, “esta é a miña canción favorita” e que é boísima. Porque é así como moi épica. En fin… Levan violinistas, fan cambios e traxes así como de posta en escea tráxica.

Chipre. Non temos moi claro se é realmente guapa como promete o comentarista de TVE. A voz é chunga, iso si que non o discutimos. E apuntan: “isto vai ser un hit das pistas de baile”. Só o daremos por válido cando o poñan nas clases de aerobic.

21.43. Vendo comida de Acerbaián (ou como se escriba) e esperando á francesa.

A cantante foi moi famosa nos 90. Leva ximnastas e canta en francés (polo de agora, pero non temos moi claro se acabará sen meter inglés). O vestido, por moito Jean Paul Gaultier que sexa, non nos gusta nada.

Por certo, non estamos nada de acordo co que se di por Twitter de que Chipre é favorita.

Pasamos á ensaladilla rusa, a aportación na honra das velliñas rusas, na nosa cea eurovisiva.

21.48. Chega Italia, que é a versión de Amy Winehouse transalpina. Puntualizan aquí que é unha Amy máis saudable (e a canción, por certo, molanos moito). É a terceira que C. metería nun CD. (Si, nun CD…)

21.54. Estonia é moi aburrido. Moito. Pero o estonio está conseguindo moita atención… Obviamente non pola súa canción.

Empeza Noruega. Ten orixes persas, por iso é tan animado. Pero a canción é moi animada. Agardamos oila de fío musical nalgún Bershka.

22.01. Vai cantar Acerbaián. Leva un vestido con truco, dinos o comentarista de TVE. O vestido é o clásico de tipo princesa Disney. Agardamos que as sombras sobre o vestido non sexan o truco prometido. A canción é un espanto: un home levitando? por detrás, aburrimento e pouco máis.

Vanlle aplaudir moito por aquelo de que canta na casa, xa sabedes.

Chega Romania: con gaiteiro, cantante que canta en castelán e outra canción con potencial para as verbenas. Somos fans – unicamente – do gaiteiro hipster!

22.09.Esta viaxou no tempo dende os anos 90″. Chega Dinamarca, cunha nena que cantaba nas rúas. Agora que é maior canta en Eurovisión.

A cantante de Dinamarca canta poñendo cara de noxo. E é bastante aburrida. Moi fans do look Mark Zuckerberg vido a máis do que toca o chelo. Está bastante abatido o pobre rapaz, iso si.

22.14. Grecia.Outros que non poden permitirse gañar. Danos moita pena a muller que está no fondo da actuación, dando segundas voces sen ter ningún protagonismo.

22.18. Suecia chega con moitos efectos de luces e un rollo tipo Crepúsculo.  Fans, pero MOI FANS, do seu baile cangrexo.

Acaba de encantarnos o ‘i love you Baku’ tipo psicópata da cantante de Suecia e do inquietante presentador que está agora en escea.

22.23. Non sabemos a razón pola que os bailaríns levan un look tipo morcego, pero aínda así Turquía está na nosa lista de favoritas. Os zapatos dos bailaríns son tipo medieval reinterpretado. Momento barco. MOMENTO BARCO na actuación de Turquía.

22.26. Chega España e estamos moi atentos a ver como Pastora se autoboicotea. Moi impresionadas: custanos un mundo entender o que di!!! Unha canción super aburrida…pero concluimos que é unha das cancións máis dignas dos últimos anos (aínda que a cara de esforzo de Pastora da moito medo, moito!)

22.31. O gorriño do de Alemania non nos entusiasma nada. Lamentable, din aquí. Desatractivo, sen dúbida.

Chega o de Malta, que foi camarero. Rollo Ibiza din aquí sobre o comezo da canción. Pedazo sincronización nos movementos das pernas do cantante e a súa banda. A posta en escea está conseguindo bastante entusiasmo na redacción: hai unha rapaza só para facer que o cantante liga, un DJ de pega

Macedonia: Parece aburrida, pero aquí prometen que vai a haber un xiro sorprendente (un pouco) Canta en macedonio e iso gústanos (os idiomas balcánicos son cool)

22.43. Irlanda repite cos xemelgos. Fixéronlles un dous por un: paga un ano de actuación, leva dous. Os cantantes de Irlanda cantaron para Obama. Completamente certo! O momento corazón acaba de deixarnos cos ollos como pratos. E o momento auga… arrancounos un ‘guau’. O_O

Tamén somos moi fans dos comentarios de Íñigo. “Agora para cama”, dixo cando acababan de cantar os xemelgos e analizar como suaban.

Serbia cunha canción que di que o amor non é unha cousa. Semella aburrida. Fans do tipo que toca o pandeiro. Pouco máis que dicir desta canción gris. Tamén levan un hipster: pode que Eurovisión sexa este ano un pon un hipster na túa vida.

Ucraína leva o peor vestido de toda a gala, cun tocado floral que nos doe moito. Ten unha voz bastante chunga e a canción é bastante mala. O look e as coreografías do coro son de alto impacto.

22.55. Estamos descubrindo que en Acerbaian tamén celebran o San Xoan, ou iso é o que parece no video.

Chega Moldavia, cun lixeiro toque balcánico no sonido (aínda que non podemos asegurar que Moldavia sexa ou non xa balcánico). Están facendo un baile cangrexil: o toque amigo de Bob Esponxa é outro hit deste ano. A coreo pode que a fixese unha persoa que acababa de tomar alucinóxenos, pero encántanos.

Empezan as votacións (e dúas disquerredactoras están a votar dende o móbil, xurámolo!)

23.09. Estamos facendo a nosa propia quiniela de quen vai gañar e quen nos gustaría que o fixese. En Twitter o veredes! (Íñigo comentando que Pastora Soler sempre foi moi ben vestida por Bakú…)

23.16. Pechan as votacións. Vemos o número premiado da ONCE mentres… Contan que hai un campionato de axedrez en Salou, como se nos interesasen.

O programa de premios que está poñendo TVE é o peor, o peor. Vido do pasado e moi chungo. Aínda que somos moi fans do rapaz que o presenta, que se ama mogollón a el mesmo e se autochisca o ollo de cando en cando.

Arrancan as votacións! Estamos facendo comentarios sobre as votacións no Twitter.

0:17. E gañou Suecia! E somos super fans do premio que lles dan, que semella un xelado

Shares

1 comentario

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *