Muji é unha empresa cun nome curioso, una simplicidade aplastante… e un aura de ‘teño que telo’ que sorprende aínda máis. Para comezar, a nome de marca é unha abreviatura dun nome máis longo que en realidade vén a significar produtos de calidade sen marca. Para continuar, todo é abrumadoramente sinxelo. E para rematar, os que realmente sabían das cousas que todo o mundo debería matar por ter mataban por ter un Muji ao lado da casa.
A España chegaron en 2005, instalándose en Barcelona. A Madrid aínda tardaron en chegar. Despois abriron en Valencia, pero en realidade iso xa da igual porque co comercio electrónico calquera se pode facer cos obxectos de desexo que asina a marca sen marca dende a comodidade da casa.
Detrás de Muji hai unha filosofía comercial que se artella en tres puntos básicos: deseño funcional e sen cousas superfluas, o produto e a función son o imporante e a boa calidade ten que chegar a prezos razoables. Unha filosofía que che podería lembrar a do IKEA, pero que está ademais acompañada por unha certa selectividade. Non nos enganemos: IKEA é a república independente da casa de todo o mundo, pero Muji é un espazo recollido e selecto, como un xardín zen. Muji son mobles, roupa, produtos de papelería, cousas de cociña e algunha que outra cousa pequena e recolleita, cun lixeiro aire estiloso pola súa simplicidade. Os cadernos son cadernos, por exemplo, con tapas de cartón marrón, follas para escribir e nada máis. E todo presentado nun entorno que é máis a versión aséptica de Zara Home que o rebumbio do IKEA.
Muji non está feita para mentes barrocas nin para aqueles que pensan que o vintage é o mellor invento que se lle puido ocorrer ao ser humano. Pero aqueles que buscan o simple atoparán o paraíso.
Foto | Muji
Levo pasando por unha tenda de esas medio ano, e ainda non entrei, sempre o deixo para outro dia. A ver se un dia de estos…
A verdade é que sorprende que a filosofía “no-logo” poda ter tanto éxito. Paréceme un proxecto interesante. Lle botarei unha ollada cada atope unha das tendas.