Os cadáveres da burbulla inmobiliaria, a vista de dron

Os edificios, as urbanizacións e as grandes promocións inmobiliarias que comezaron en España antes da crise económica e quedaron atrapadas no limbo do abandono tras o estoupido da mesma foron material para artigos, análises, ensaios e tamén para creacións artísticas. Os números do que aconteceu fan que non sexa moi complicado imaxinar por que espertan interese. Como lembran en Quartz, en 2011, tras a explosión da burbulla en España, había repartidas por todo o país uns 3,4 millóns de casas baleiras, o 30% de todas as casas construídas baleiras de Europa.

Os datos sérvenlle ao medio estadounidense para introducir o traballo que está facendo o fotógrafo Markel Redondo, que leva unha década documentando e capturando os cadáveres do crack da burbulla inmobiliaria. A última entrega do seu proxecto, Sand Castles (part II), (castelos de area na tradución), está baseada no traballo que fai cun drone (para o que recibiu unha bolsa do British Journal of Photography especializada).

O drone percorre dende o aire eses lugares abandonados e da unha nova perspectiva. Redondo captura o que o drone lle permite ver en formatos de imaxe que lembren ás postais. As imaxes serven ademais para lembrar algo que continúa estando aí aínda que parece que en certo modo o estamos esquecendo.

Como explica o fotógrafo, dado que moitos destes proxectos urbanísticos estaban en lugares a medida para eles, non necesariamente pasamos por diante deles de forma habitual o que fai que sexa máis doado esquecer que existen.

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará