Disquecool invita: Voces Femeninas 2016 en Vigo e Ourense

vocesfemeninas

Chega novembro, o cambio de hora, os días cada vez máis curtos e –din que a partir de mañá –o frío. É fácil caer na tentación de quedar na casa e entregarnos a semanas de sofá e mantiña, pero hai que vencer a preguiza e saír á rúa tamén de cando en vez! E máis se fóra esperan propostas como o festival Voces Femeninas, que un ano máis chegará puntal a finais de novembro (o día 23 en Madrid, o 24 en Ourense e o 26 en Vigo) para encher os nosos oídos de felicidade. E, como xa vén sendo tradición, en Disquecool sorteamos dúas entradas dobres para Vigo e Ourense, cortesía de Coconut Producciones!

Este ano o festival estará adicado a Kate Bush e as protagonistas serán a norteamericana Anaïs Mitchell (colaboradora de Bon Iver e Ani DiFranco, unha das grandes referentes do novo folk americano) e a islandesa Soléy (ex-compoñente de Seabear, co seu delicado pop onírico). Escoitade:

Que tedes que facer para participar? Moi sinxelo: deixade un comentario neste post dicíndonos quen tocaría no voso festival Voces Femeninas ideal e para que concerto (Vigo ou Ourense) queredes a entrada. Tedes ata o vindeiro domingo 6 de novembro, ás 23:59. O luns 7 faremos o sorteo e informaremos aos gañadores por mail. Sorte!

Shares

18 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *