Por que casar (ou non) segundo Charles Darwin?

16059185307_be034ca940_o

A Charles Darwin todos o coñecemos porque é o pai da teoría da evolución e da ciencia moderna. Todos sabemos que foi un home decidido, que defendeu o que cría con seguridade (e non foi doado nin bonito), pero o certo é que en 1838 non tiña tan clara unha decisión. Debía casar ou non casar? Era o matrimonio unha boa idea?

Sacade as conclusións que queirades das opinións de Darwin, pero un ano despois estaba comprometido primeiro e casado logo con Emma Wedgwood, a súa curmá. Darwin tiña 29 anos (Emma 30), unha idade xa avanzada para casar (polo menos para ela) na época (e aínda así cando o fixeron deulles tempo a ter 10 fillos). Ela xa tiña rexeitado unhas cantas petición matrimoniais nos anos precedentes e el estaba namorado dela.

Pero antes de casar Darwin fixo o que todas as persoas que teñen que tomar decisións e que aman as listas fan. Fixo unha lista de ideas a favor ou en contra sobre o matrimonio (a lista non se aplica de forma específica a Emma Darwin, é  unha visión máis xenérica sobre os pros e os contras das relacións amorosas). Casar… Esa é a cuestión, escribe Darwin no comezo do texto.

Por que casar? As razóns que apuntan a favor do matrimonio son:

Nenos (“se Deus quere”)

Ter compañía constante (“e unha amiga na idade avanzada”) e que ademais “estea interesada nun mesmo”

Un ser querido e con que xogar (“mellor cun can de calquera xeito”)

Un fogar (“e alguén que coide da casa”)

16243078721_1c70a90c0e_o

“Os encantos da música e da conversación feminina

“Esas cousas son boas para saúde dun”

E tachado (iso si, non lle debeu parecer tan interesante como nun primeiro punto): “ser obrigado a visitar e recibir visitas dos parentes” (logo engadiu que era unha “terrible perda de tempo”).

E ademais pensa que estar a vida enteira en soidade, “como una abella, traballando, traballando e nada máis que iso”, é “intolerable”.

“Imaxínate cunha encantadora e suave esposa nun sofá cun bo lume, libros e se cada música. Compara esta visión coa sombría realidade” que tiña na súa casa.

Por que non casar?

Primeiro queda co negativo: non haberá nenos, ninguén coidará del cando sexa vello e non terá a ninguén preto. Pero logo… Logo as cousas cambian, porque casar tamén lle quitará unhas cousas. Porque non casar tamén ten vantaxes.

A liberdade de ir onde lle dea a gana

Escoller o círculo social no que se move (ou non se mover en sociedade en absoluto)

“As conversacións con homes intelixentes nos clubs” (os homes da ‘boa sociedade’ británica do XIX tiñan todos o seu club, no que vían aos amigos e aos outros homes da boa sociedade e no que non entraban mulleres)

“Non estar obrigado a visitar aos familiares” e non hai por tanto que intervir en calquera parvada que lles pase

Non terá que soportar os gastos e a ansiedade derivada de ter fillos

“Se cadra discutimos” (querido Darwin, sempre hai discusións coa xente que un coñece, mesmo cando un non casa con ninguén)

Perda de tempo (con dobre subliñado)

“Non poder ler nas tardes” (se tes que falar e escoitar música, quedas sen tempo para ler, obviamente)

Ademais casar trae consigo: a gordura, a ociosidade, a ansiedade e a responsabilidade.

Unha vez que casas tes menos cartos para libros

“Se hai moitos nenos, forzado a gañar o pan (pero sen embargo é moi malo para a saúde dun traballar demasiado)”

E o argumento final: “Se cadra á miña muller non lle gusta Londres, así que a condena é o desterro e a degradación na indolencia, inactividade parvada”

 

(A transcrición deste escrito está nos papeis de Darwin online, descuberta en OpenCulture)

Imaxes artvintage1800s.etsy.com,

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará