A Romaría Pop 2014 en imaxes

WP_20140614_18_16_54_Pro

A competencia era dura: a primeira fin de semana con calor abafante de verdade seguro que fixo que máis de un se preguntase que facía en Compostela no canto de estar na praia, pero un ano máis a Romaría Pop fixo que todo pagase a pena. Si, a calor era insoportable por momentos e as sombras estaban moi cotizadas (disqueidea nacida mentres comíamos: por que non facer este evento nunha carballeira, para ser xa unha romaría total?), pero que importa cando hai unha feira chea de postos de roupa, deseño, artesanía e moita música? Como queixarnos cando podemos comer churrasco, polbo, refrescarnos cun gazpacho e moita cervexa? Para que intentar resistirse a toda a música de xente como Linda Guilala, Ataque Escampe, Apenino ou Niño y Pistola?

Coma sempre, Belvís estaba ateigado de xente de todas as idades, desde os máis noviños, eses que aínda non saben andar, ata os máis maduros. O que empezou xa ás 12 co pasarrúas desde a praza do Toural cos Mustang Charros, seguiu no parque con  obradoiros para todos, moito valente que se lanzou a bailar swing (moita valente, máis ben: rapaces, tedes que animarvos a bailar (e ligaredes un montón!)), artistas que pintaron zapatillas Victoria, camisetas de rock e ata un desfile de cans. Había moita xente? Como eran? Que facían? Para que a túa imaxinación non teña que traballar moito, se non estiveches na Romaría Pop, aí vai unha fotogalería co mellor do evento.

Fotos | Andrés Fraga

Shares

2 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *