En 2012 o laranxa Tangerine Tango cargou de enerxía a moda, a decoración, o deseño e ata a maquillaxe. Neste ano que comezamos a cor de moda será segundo Pantone o verde esmeralda, unha tonalidade vivaz, inspiradora, equilibrada e harmónica.
Cando pensamos en esmeralda o primeiro que se nos vén á cabeza son xoias preciosas, e por iso, segundo afirman en Pantone, a cor Emerald remite á sofisticación e ao luxo. “Desde a antigüidade o seu matiz luminoso e magnífico foi cor de beleza e nova vida en moitas culturas e relixións. É tamén a cor do crecemento, renovación e prosperidade. Durante séculos, moitos países teñen escollido o verde para representar curación e unidade”, afirman en nota de prensa os responsables do sistema de definición cromática máis recoñecido do mundo.
“O verde é o matiz máis abundante na natureza, o ollo humano ve máis verde que calquera outra cor no espectro”, sostén Leatrice Eiseman, directora executiva do Instituto de Cor Pantone.
En 2013, o verde esperanza marca tendencia, e falta que fai.
1. Bicicleta de Donhou Bicycles
2. Cafetera DeLonghi
3. Mochila Kanken de Fjällräven
4. Bolso de Bimba&Lola
5. Visto en Rue
6. Coxín de Ecochic