Autor: AEME87
Lugar: Tui
Hoxe traemos un misterio sobre o que San Google non pode dicirnos nada: en Tui, nun descampado no que aparcan os coches hai dende hai uns anos (ou polo menos en varias ocasións espaciadas no tempo que nós aparcamos alí) un retrato do personaxe máis riquiño das clases de inglés de todos os tempos. Alí está Muzzy e o triste aviso de obra que lle penderon case enriba fai temer que Muzzy vaia – se non o fixo xa – a desaparecer.
Debaixo dos pés de Muzzy aparece unha sinatura, a de La Niña del Casio. Quen é? Tamén é un misterio, aínda que temos unha pista sobre quen pode ser. E ollo… O link remite ao anteriormente cool pero pasado de rosca con pop ups e publicidade invasiva Fotolog.
Sabedes vós algo? Deixade por favor un comentario. Muzzy é incriblemente cool! E grande, como nos deixou claro a primeira vez que o coñecemos.
Actualización. A propia Niña del Casio remata para sempre co misterio. O autor é AEME87 e o Muzzy foi un agasallo. Tendes toda a historia nos comentarios.
Foto | Tera
La niña del Casio é o nome artístico de Andrea da Silva, unha artista de Tui, agora máis adicada á fotografía e ó escaparatismo http://andreadasilva.wordpress.com/
Iso é o que di Google. Non me fago responsábel de nada :D
Gracias! Buscaches mellor ca min! :)
Ola !! Máis que sorprendente esta noticia. Estou de vacaciòns en Cádiz e unha boa amiga chámame e di: cando debuxaches ti a Muzzy en Tui? E eu non sabía do que falaba…e claro, caín ò instante. Foi un agasallo do meu benquerido amigo AEME87 xa fai algún anos…
:) aclarado? Jiji
Cambiamos logo a atribución da autoría! E graciñas por desvelar o misterio :)