A Revolución dos Cravos nas fotos de Rui Ochoa

A Revolución dos Cravos está de aniversario. É unha data sinalada que nos está deixando libros, reportaxes en prensa e exposicións temáticas. Unha destas últimas foi a mostra Rui Ochoa. 74-99, que se puido ver no Ateneo de Madrid ata mediados de xuño e que formou parte da edición deste ano de PHotoESPAÑA, na sección oficial.

Comp explica a nota de prensa, a mostra recolleu unha selección de imaxes que van dende o inicio do proceso en 1974 ata 1999, un percorrido por todo o proceso democrático portugués. Unhas fotos, por tanto, que non só fan pensar na historia senón tamén «na democracia como construcción colectiva, fráxil pero poderosa».

 

Fotos | Cortesía PhotoEspaña

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *