Rowan Stocks-Moore é un deseñador gráfico que reinterpreta imaxes xa coñecidas por todos, referentes culturais que todos xa temos, pero dálle un xiro, un toque arty e un pouco sinistro ás veces. Fixo as súas propias versións dos carteis das películas gañadoras dos Óscar, que se converten así en imaxes elegantes e un pouco retro.
Pero o máis interesante – e inquietante – da produción de Stocks-Moore son as súas reinterpretacións do mundo Disney (que percorreron nas últimas semanas os medios estadounidenses), que teñen aspecto retro, elegante e nalgúns casos acentuadamente inquietante.
As imaxes de Stocks-Moore son unha versión adulta do mundo Disney, pequenas obras de arte grises e misteriosas. Poden verse todas no Tumblr do artista e poden mercarse en Etsy, onde o deseñador puxo á venda unha edición limitada de pósters de 30,3 cm x 42,6 cm (por 15,70 euros).
Vía FastCompany | Foto Etsy