Artigos etiquetados con: "videoclips"

/ 21/12/2012 9:07

Os indies tamén celebran o Nadal: 12 videoclips con neve e campás

A estas alturas todos sabemos como vai: sempre que chega o Nadal moitos grupos aproveitan para lanzar algunha panxoliña ou, os máis valentes, discos enteiros adicados a estas festas. Os resultados poden ser terroríficos (na maior parte dos casos) ou fantásticos (como o de Emmy The Great e Tim Wheeler o ano pasado). E despois está Sufjan Stevens, que parece […]

/ 07/12/2012 16:12

Vídeos para a fin de semana: os 10 (mellores) peores videoclips da historia

Moito ir de artistas e intelectuais, dicir que nos gusta o videoarte, moito falar de directores de cine de culto, pero ao final o que máis nos gusta é ver vídeos malos. E non falo de vídeos realmente malos, que eses son os aburridos, senón deses que fascinan polo punto cutre da gravación, polo absurdo do argumento (cando o teñen), […]

/ 20/07/2012 13:30

Os indies tamén van ao cine: 11 videoclips baseados en películas

Isto en realidade non é ningunha sorpresa. Claro que os indies van ao cine. A ser posible, a ver filmes europeos ou de directores independentes. Ou películas desas bonitas, con música bonita e historias de nenos que van de excursión. Todo isto, como non, tamén se reflexa nos videoclips. Que indie non soñaría con poder recrear a súa película favorita […]

/ 06/07/2012 15:00

Vídeos para a fin de semana: tipografía en movemento

O pioneiro foi o rei do suspense, Alfred Hitchcok, en películas como ‘North by Northwest‘ e ‘Psycho‘. A partir de aí a “tipografía cinética”, una técnica de animación que combina texto e movemento para expresar ideas en pezas audiovisuais, comezou a ser habitual nas cabeceiras das películas, e máis tarde en televisión e publicidade. Hoxe este uso da tipografía esténdese […]

/ 22/06/2012 16:04

Vídeos para a fin de semana: videoclips con festas na praia!

Mañá é a noite de San Xoán! Seguro que moitos de vós tendes entre os vosos plans ir a celebralo a unha praia, estades a buscar fogueiras con boa pinta ou aínda non sabedes moi ben que facer para fuxir dos adolescentes borrachos. Non importa. San Xoán significa ir á praia ou a calquera lugar no que haxa unha fogueira, […]

/ 10/04/2012 16:16

Os indies tamén teñen mascotas: 7 videoclips con animais

Calquera amante dos animais sabe da súa utilidade en momentos emocionais baixos: necesitas unha aperta e non hai ninguén ao teu redor que cha poida (ou queira!) dar? Sempre podes contar co teu can para chegar meneando o rabo e claramente feliz por verte, ou co ronroneo do teu gato durmindo no colo. Sabendo estas cousas non é nada sorprendente […]

/ 30/03/2012 16:14

Vídeos para a fin de semana: videoclips feitos por fans

Un dos deportes de sofá máis estendidos é o de criticar o que estamos a ver e dicir que, sen dúbida, nós poderíamos facelo mellor. Funciona para concursos nos que sabemos as respostas e os concursantes non, para penaltis que nós teríamos parado ou para guións de series. No mundo dos fans musicais hai outra modalidade: os videoclips. Por suposto, […]

/ 24/02/2012 16:07

Vídeos para a fin de semana: os mellores videoclips de febreiro

Lembro as épocas nas que tiven VH1 na casa coma épocas de perigosa felicidade asocial. Videoclips, un tras outro, sen ter a oportunidade que ofrece Internet de cambiar a outro se un non che gusta. Tamén lembro un bar en Compostela no que tiñan cervexa moi barata e unha pantalla grande con VH1 e no que pasamos bastante tempo só […]

/ 27/12/2011 15:53

Os indies tamén teñen amigos: 16 videoclips con famosos

Despois do éxito das dúas primeiras entradas da serie “os indies tamén…”, imos a pola terceira. De verdade aínda cres que os indies son xente solitaria, pequenos perdedores? Quizais no seu estado ideal (os fans dos Belle and Sebastian dos 90) si, pero agora que ser indie mola, hai que admitir a pequena incongruencia: os indies son xente popular. Tan […]

/ 26/10/2011 16:16

Os indies tamén fan deporte: 7 videoclips con suor

Despois da nosa primeira entrega para romper tópicos acerca dos indies, “Os indies tamén bailan“ (publicada na primeira semana de Disquecool), continuamos con outra serie adicada á actividade física. Porque si, os indies tamén fan deporte. O preferido parece o de correr (moitas veces máis por escapar que por facer deporte, pero non imos a cuestionar as razóns), pero hai […]