Artigos etiquetados con: "Smartphones"

/ 13/12/2012 16:15

A invasión dos filtros fotográficos: que app escoller?

Se estás un pouco ao día nestas cousas da tecnoloxía saberás que a comidilla desta semana, o tema do que máis se está a falar, son as apps de fotos con filtros. De súpeto parece que todo o mundo quere un anaco dese pastel e todos os xigantes tecnolóxicos están a lanzar as súas propias opcións mentres intentan afundir ao […]

/ 26/09/2012 9:21

Nokia 808: Análise

No ano 2007 Steve Jobs presentaba o primeiro iPhone, un dispositivo que estaba chamado a revolucionar o mundo dos teléfonos móbiles e que pretendía substituír a nosa axenda, ordenador, reprodutor mp3 e cámara de fotos. Desde entón a maioría desas funcións pasaron a integrarse de xeito natural na maioría de dispositivos e deixamos as nosas vellas axendas e reprodutores de […]

/ 02/03/2012 9:04

Smartphones e futuro: 3 conceptos para non perderse

Tes xa un smartphone ou es dos que se manteñen fieis á súa pataca de toda a vida mirando ao aire mentres os seus amigos falan por Whatsapp? (Damos por suposto que xa non queda entre ningún dos nosos lectores ningún rebelde real, deses que non teñen móbil). Sabes que sistema operativo ten o teu teléfono ou estás a miralo pensando […]

/ 29/02/2012 9:24

Nokia Lumia 800: Análise

O deseño industrial está sempre con nós. Practicamente todo o que nos rodea foi deseñado, aínda que non sexa algo no que pensemos a miúdo. Pero de cando en vez hai obxectos que destacan, produtos cun deseño que fai que a nosas miradas e mans se deteñan sobre eles con curiosidade e asombro. Pezas de enxeñería que merecerían saír do […]

/ 28/12/2011 16:15

iPhonegrafía: cambiando a cámara polo smartphone

Deberíamos ter feito un traballo de campo previo a este artigo. Unha enquisa entre todos vós, queridos lectores, para que nos contásedes se tedes ou non un smartphone (supoñemos que a grande maioría si), de que sistema operativo é e con que frecuencia facedes fotos con el. Porque hai un dato alarmante para as casas de cámaras de fotos: o […]

/ 12/10/2011 9:00

HTC ChaChaCha: análise do teléfono de Facebook

*Inauguramos unha nova sección de análise de produtos tecnolóxicos! Antes de comenzar isto quizais sexa necesario apuntar de onde vén esta disquerredactora: nin do iPhone, nin da BlackBerry, nin de calquera outro Android. Son de Symbian de toda a vida. Unha vez aclarado este punto, procedamos á análise. O HTC ChaChaCha (ChaCha nos países non hispanofalantes) foi desde un principio […]