A maioría das veces pasa pola nosa mesa coma un actor secundario dunha mala película,noutras ocasións, tamén coma o actor secundario, acaba salvando unha comida.
Pero unha vez que probas este pan de Pandereta daste conta de que estás ante un protagonista, el só é capaz de encher unha mesa e o seu rexistro é amplo, sempre será o acto principal nun almorzo, xantar ou cea.
Levadura nai, amasado a man, con trigo galego integral e sementes de liño, xirasol e sésamo fan del un todoterreo da interpretación, 100% ecolóxico.
Aquí segue a saga

