Si, está aquí, é o Fórum Gastronomico Santiago 2012, e si, xa sei, Ferran Adrià non vai vir pero si que virán outros: Alberto González / Áng
Serán tres días de sensacións e amigos.
Si, está aquí, é o Fórum Gastronomico Santiago 2012, e si, xa sei, Ferran Adrià non vai vir pero si que virán outros: Alberto González / Áng
Serán tres días de sensacións e amigos.
Os días 18, 19 e 20 de novembro celebrouse o II Congreso Nacional para os amantes da Thermomix. Unha das master class foi impartida por Xosé Torres Cannas e estivo apoiada polas fotos de gastrografía by Ramón
A mistura do tradicional e o produto do mar, ameixas e algas, coa tecnoloxía que achega a thermomix dá como resultado estas Ameixas con té de algas, unha das tres receitas que Xosé presentou no evento.
tradición e modernidade, unha das máximas de Pepe Vieira
Hai máis dunha semana tiven a sorte de participar no Off Culturgal que se celebrou dentro do Culturgal 2011, cun proxecto de abastos 2.0+gastrografía.
Pecha Kucha foi o formato elixido para a presentación, onde tratei de amosar en fotos a creación dun prato: navalla & mar, desde a súa concepción, pasando pola súa elaboración, ata o resultado final.
Grazas a Iago Pazos e Marcos Cerqueiro por deixarme asistir ao nacemento dunha das súas propostas gastronómicas.
Grazas a ti, por estar aí, malia todo.
E desculpas a todos porque era a primeira vez que falaba en público.
A chegada a un novo lugar sempre xera expectación e nervios.
No restaurante Camiño da Serpe, Pepe Vieira esas sensacións desaparecen grazas á profesionalidade de Xoán Cannas; el e os que traballan na sala fan que desde a túa chegada sintas que as portas dese lugar se abriron para ti. O único do que te tes que preocupar a partir dese momento é de gozar dunha experiencia que seguramente será difícil de esquecer.
O mesmo sentín eu cando a xente de Disquecool me abriu a porta a esta colaboración. Espero que as miñas gastrofotos vos evoquen eses momentos máxicos que perduran no tempo.
A maioría das veces pasa pola nosa mesa coma un actor secundario dunha mala película,noutras ocasións, tamén coma o actor secundario, acaba salvando unha comida.
Pero unha vez que probas este pan de Pandereta daste conta de que estás ante un protagonista, el só é capaz de encher unha mesa e o seu rexistro é amplo, sempre será o acto principal nun almorzo, xantar ou cea.
Levadura nai, amasado a man, con trigo galego integral e sementes de liño, xirasol e sésamo fan del un todoterreo da interpretación, 100% ecolóxico.
Aquí segue a saga