Aviso legal e Privacidade

*Se tes algunha dúbida ou queres facernos algunha suxestión para mellorar o noso aviso legal ou as nosas condicións de privacidade, non dubides en poñerte en contacto con nós no info <at> disquecool.com

1. Os contidos aquí publicados foron creados polo equipo de Disquecool e os seus colaboradores. Está protexidos por unha licencia Creative Commons 3.0

2. Disquecool.com (tamén Disquecool.es) ten detrás a Disquecool: podes atoparnos no correo xenérico info <at> disquecool.com. Pronto engadiremos un enderezo físico.

Se o que buscas é poñerte en contacto con alguén en concreto da nosa redacción ou do departamento de publicidade para cuestións relacionadas co seu traballo, podes atopar aquí os seus enderezos electrónicos

3. Disquecool non garda os teus datos persoais: unicamente che pedimos o correo electrónico cando deixas un comentario para comprobar que es unha persoa real e non un spammer. Ese correo non será empregado para ningún fin xamais e non é almacenado a posteriori en ningunha base de datos. Se precisamos nalgún momento do futuro os vosos enderezos electrónicos pedirémolos de xeito claro. Se temos que crear tamén no futuro unha base de datos verás como estas condicións de privacidade medran, ao engadir todas as obligacións asociadas a Lei de Protección de Datos.

Disquecool envía unha newsletter empregando o servizo de envíos Mail Chimp, que é quen conservará os teus datos e quen almacenará esa información nos seus servidores sen que Disquecool sexa responsable do seu aloxamento. Consulta na súa web súas condicións legais para obter máis información

4. En materia de seguimento da navegación, para fins estatísticos, este site emprega Google Analytics. Podes atopar as súas condicións de privacidade aquí

De eses datos só compartiremos con terceiros (anunciantes) información con carácter xenérico, como o número total de páxinas vistas ou visitantes, a procedencia xeográfica ou as seccións con máis éxito de público.

5. En Disquecool podes atopar publicidade publicada pola casa.  Ademais, empregamos o programa de afiliación de Amazon. Incluimos aquí o aviso que obriga a poñer a compañía.

“Disquecool is a participant in the Amazon EU Associates Programme, an affiliate advertising programme designed to provide a means for sites to earn advertising fees by advertising and linking to Amazon.es.”

6. Todo o mundo pode comentar as noticias de Disquecool, aínda que nos gardamos o dereito de modificar ou eliminar aqueles comentarios que atenten contra a honra, a igualdade e a privacidade de terceiros, aqueles que podan incorrer nunha ilegalidade (se pos links a Megavideo ou a SeriesYonkis, por exemplo, ímolos eliminar) e todos aqueles que non garden o orde público.

7. A información sobre presencia en redes sociais de Disquecool e a opción de compartir nas mesmas o noso artigo redirixe aos lectores ás diferentes redes sociais e, por ser xa nelas, aplican as súas propias normas de uso e privacidade. Recomendámosche que leas as normas de privacidade das redes sociais que empregues para saber como che pode afectar o seu uso. Aquí che deixamos as normas de privacidade de Facebook, Google +Twitter e Tuenti, que son as máis empregadas.

8. Todos os nosos servizos son gratuitos, aínda que nos reservamos o dereito a desenvolver no futuro servizos premium. Estes servizos serán un engadido e non suporán a priori modificación das condicións de acceso dos servizos xa existentes.

9. Recomendámosche que entres de cando en cando nesta páxina, por se actualizamos ou modificamos algún destes puntos, algo que nos gardamos o dereito a facer.