17 (17!!!) series para ver este outono

westworld

Que é o mellor de que remate o verán, comece o outono e volvamos á rutina? Está claro: son as series!! Durante setembro en Disquecool estamos como os nenos cando chegan os catálogos de xoguetes antes de Reis, marcando todo o que queremos ver e, cando chega outono e están xa todas en antena nos Estados Unidos, estamos como os nenos tamén pero neste caso no día despois de Reis, ese día de xogar ata caer de fatiga con todo o recibido. A nosa lista para a tempada 2016-2017 é xigantesca. Todo apunta a que este ano será boa a colleita.

1. Atlanta (FX)

Ana di: Os fans de ‘Community’ non tardaredes en recoñecer a Troy (Donald Glover) como protagonista (e creador) desta serie. En ‘Atlanta’ interpreta a Earn, manager do seu curmán rapeiro Paper Boi, ao que intenta levar á fama topándose, claro, coa realidade de fronte. Está en todas (todas!) as listas de series moi esperadas e só co tráiler queda claro que está filmada con moita delicadeza (non quedan claras moitas máis cousas, xa que parece que é tendencia facer tráilers non que non se entende moito). E xa empezou, así nin sequera tedes que esperar.

2. Westworld (HBO)

Ana di: Outra que xa empezou e que está a levar críticas moi positivas. Nalgún lugar lin ata que era o novo ‘Xogo de tronos’, pero isto é algo que se di todos os anos dalgunha serie. Unha das grandes apostas da HBO nesta temporada, cun reparto liderado por Anthony Hopkins, é un remake do filme de Michael Crichton do mesmo nome. Westworld é un parque temático futurista que leva aos seus visitantes ao un Salvaxe Oeste no que poden facer o que queiran. Os “nativos” de Westworld son androides sintéticos que, coma toda ciencia ficción clásica que se prece, acaban por ser os máis humanos.

3. The Crown (Netflix)

Raquel di: Sabemos que a imos ver aínda que tamén sabemos que non veríamos esto se fose sobre a familia real española. Neste caso, a historia segue a traxectoria da raíña Isabel II (e si, verá Isabel esta serie?). Moito drama, moita tensión e moito acento pijo británico. Total, só o saberá Netflix, vós e nós.

4. High Maintenance (HBO)

Ana di: Unha webserie que chamou a atención dos grandes e foi convertida en serie de verdade e que, polo de agora, está a recibir críticas moi boas. Cada episodio conta unha historia diferente, con personaxes diferentes. O nexo de unión? O seu camello, un tipo ao que nunca dan nome e que reparte marihuana (e ás veces setas) en Nova York montado na súa bici. Comedia de media hora para eses días nos que isto é precisamente o que necesitas.

5. The Good Place (NBC)

Raquel di: Non lle daba moito ata que Ana me fixo ver o tráiler. Agora creo que pode estar ben (se non a fan demasiado bah), pero a idea ten moito potencial.

Ana di: Confío moito nesta serie. Con Verónica Mars Kristen Bell e Sam Malone Ted Danson de protagonistas, conta a historia dunha rapaza que morre e vai ao Ceo… por erro. Agora que está alí, claro, prefire que non se decaten do problema e a manden a onde lle correspondería polo que foi a súa vida terreal.

6. Timeless (NBC)

Raquel di: hai que vela para ver se é unha copia (algúns que xa a viron din que si) de El Ministerio del Tiempo e odiala clara, comentando con desdén o chungos que son os estadounidenses. Se xa vistes El Ministerio del Tiempo xa sabedes que esperar. Tres persoas teñen que viaxar ao pasado (aquí nunha máquina rara) para evitar que cambie a historia.

7. People of Earth (TBS)

Ana di: Temos certa debilidade polas series de xornalistas? Non é ningún segredo. E ‘People of Earth’ promete: o protagonista é un xornalista que está a facer unha historia sobre un grupo de apoio a xente que di que foi abducida por extraterrestres. Só que neste caso, para sorpresa do escéptico protagonista, están a dicir a verdade. É unha comedia, claro, e esperamos que sexa unha das sorpresas da temporada. (Estrea 31 de outubro).

8. Queen Sugar (OWN)

Raquel di: OWN é a canle de Oprah. É o que descubrimos cando vimos o tráiler e quedamos moi sorprendidas (e este é un argumento máis para ver claro que Ana Rosa non é a Oprah española). Semella un dramón (dos bos) cunha saga familiar e tensións e dramas do rural do sur profundo, unha desas series para estar super enganchada. Compro!

Ana di: A produtora executiva e directora dos dous primeiros episodios (todos dirixidos por mulleres) é Ava DuVerneis, a directora de ‘Selma’, o que xa lle dá moito pedigrí.

9. Crisis in six scenes (Amazon Video)

Raquel di: eu non a quero ver por Woody Allen, que é moi mainstream. Hannah Montana! Woody Allen, por certo, maldeciu o día no que firmou con Amazon (ou iso é o que din…). Algúns críticos xa sinalaron que é como unha peli de Allen pero partida en seis anacos.

10. No tomorrow

Ana di: A clásica historia na que coñeces a un home perfecto, rematas na súa casa e resulta que… cre que o Apocalipse chegará en oito meses. Pode estar moi ben ou terriblemente mal, pero queremos darlle unha oportunidade. As primeiras críticas (estreouse a semana pasada) din que é moi, moi mala. Tan mala que podería ser o noso novo guilty pleasure.

11. Goliath (Amazon Studios)

Ana di: ver ‘Fargo’ e non namorar de Billy Bob Thornton e o seu Lorne Malvo, o mellor malo da historia, diría que é imposible. E agora que Thornton descubriu que a tele mola e quere facer máis series, como non apoialo vendo todo o que faga? En ‘Goliath’ é Billy McBride, un avogado con pasado exitoso e presente no que pasa máis tempo no bar ca nos xulgados. Acepta un caso contra o bufete xigante que el mesmo cofundou no pasado e remata metido no centro dunha escura conspiración.

12. Conviction (ABC)

Raquel di: si, ten pinta de ser un pouco serie-lixo... Ten todo para ser o meu guilty pleasure desta tempada. A antiga primeira filla (se aquí non estades rindo e dando palmas non o comprendo) é unha tía super chunga e decadente así que lle endilgan salvar ao sistema xudicial dos seus erros. Típica serie americana de abogados con misterios e cousas un tanto ilegales (pero a fin salva os medios!) nas que sabes dende o minuto un cal é o love interest dos protas (seguro… é aínda non vin o primer episodio)

13. Gilmore Girls (Netflix)

Ana di: vin todo Gilmore Girls a principios de ano (en varios meses, claro), así que claro que quero saber que foi de Rory e Lorelai e toda a xente de Stars Hollow. E que autores contemporáneos le agora Rory. Seguro que é fan de Chimamanda!

Raquel di: Se non vías Gilmore Girls daquela, o mellor é que pases casilla, pero se a vías estarás contando os días ata novembro como estamos nós.

14. Making History (FOX)

Raquel di: Viaxes do tempo en colchoneta? Onde está o emoticono do corazón? Non creo que debamos tomala moi en serio e seguro que é un pouco (moito) intrascendente pero nada mellor para esas tardes de fin de semana nas que chove.

Ana di: En maio estiven en Boston, así que agora sei moito da American Revolution. Sinto que esta serie servirá para afianzar eses coñecementos. E todo o que di Raquel tamén.

15. Good girls revolt

Raquel di: claro que queremos vela!!! Xornalistas loitando por unhas condicións de traballo mellores cando eran as rapaciñas do café. Moi necesaria (mesmo agora cando as mulleres somos a abrumadora maioría dos xornalistas).

16. Love, Nina (BBC)

Raquel di: lin o libro sobre o que se basa a serie e o libro gustoume bastante, así que teño ganas de vela. Intelectuais literarios no Londres dos 80 e nenos nada ñoños eran os ingredientes do libro, que recollía as cartas que Nina, a niñera nada tradicional (era unha rapaza que escolleu este traballo como podería escoller outro) mandaba á irmá. E é da BBC.

Ana di: A adaptación é de Nick Hornby!

17. The Living and The Dead (BBC)

Raquel di: de época, da BBC e non teño nada con que cubrir o mono Downton Abbey. Vale que esta escura e inquietante. Xa me teñen captada.

Foto HBO

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *