Bebede té, non deixedes que morra (pero no Reino Unido)

beatles-te

Os hipsters, como ben sabedes, teñen a culpa de todo. Son culpables da xentrificación que bota á xente dos seus barrios de sempre, da extensión de modas absurdas (a recuperación dos anos 90, ou de que haxa xente que intente xustificar que non entra frío en inverno levando os nocellos ao aire), e culpables de estar a piques de rematar coas reservas mundiais de whisky. Non necesitan un pouco de amor tamén? Se algún hipster triste por tanto odio está a ler isto temos a resposta. Dous pasos: mudádevos ao Reino Unido. Bebede té. A industria da bebida británica por excelencia e un país en crise de identidade estarán moi agradecidos.

blur-teA razón? Hai un par de semanas a publicación dun informe do Departamento Británico de Medio Ambiente, Alimentación e Asuntos Rurais deixou ao país sumido nunha profunda crise: resulta que os británicos están a perder a tradición de beber té. Estades a imaxinar datos apocalípticos que din que xa non hai té das 5 ou que só os maiores de 80 anos (Maggie Smith e as súas amigas) o consumen con normalidade, que as bolsiñas de Earl Grey caducan esquecidas nas baldas do supermercado. Pero non, isto é o Reino Unido. Unha crise na historia de amor entre os ingleses e o té significa que xa SÓ beben unha media de 8 tazas de té semanais. Claro que viñan de 23 tazas (!!) en 1974.

A que se debe esta traxedia? Segundo os expertos, a culpa principal é do eterno rival, o café, unha bebida que contou cun marketing moito mellor (e non, os ingleses non beben más café ca té -iso si que sería un drama -pero dalgunha forma é máis trendy optar pola cafeína). Ademais, o interese cada vez maior por levar una vida sa, lonxe do azucre, tampouco axuda, xa que o té está moi relacionado con tomalo con pastiñas e tartas. Otra razón? Quizás os ingleses só busquen algo distinto: en agosto The Guardian dicía que as vendas de té tradicional (negro) caeran un 6% nos últimos seis anos, pero que en cambio as de té de froitas, verde e outras versións “alternativas” subían sen descanso.

bowie-teQue pintan os hipsters en todo isto? Xa sabedes, se o que se leva é beber café, eles beberán té. Confiando nisto, seguro que xa notastes que estamos en plena era do té gourmet, que xa non está só nas teterías, senón tamén nos cafés máis cool. E despois están os puristas, eses que odian o té que vai en bolsiñas (malvado invento americano!) e que pensan que ás teterías lles falta un elemento cool, como a xente de Brew, que hai una meses lanzaron una campaña de crowdfunding para montar un “pub para té” en Londres (anda que non acadaron o obxectivo).

A conclusión? Bebede té, si, pero intentade facelo no Reino Unido. No resto do mundo está a haber un boom e beber té está de moda, pero no lugar no que todos imaxinamos que viven arredor desa bebida están en crise. Xa sabedes, nova escusa para ir a Londres. É por unha boa causa.

Shares

Etiquetas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *