Internet a piques de romper: gifs en 3D

O 3D é unha desas promesas constantes do mundo da tecnoloxía que non acaba de chegar. Si, todos temos ido a algunha película en 3D, pero tendo en conta os seus prezos e que en moitos casos a tecnoloxía non aporta demasiado, seguimos sendo asiduos das dimensións de toda a vida. O das televisións en 3D non acaba de ser entendido polos consumidores (de verdade vou pagar tanto por unha tele que só podo ver desde un punto do meu sofá?) e xa non falamos de rarezas como a do Fire Phone de Amazon (non, non necesitamos 3D no móbil!).

É que o 3D non mola? Non estamos preparados para ver esa terceira dimensión fóra das salas do cine. Claro que non. A resposta é que ata agora non se dera coa solución máis axeitada. Foi necesaria unha gran inversión en tecnoloxía? Non! Só houbo que mirar cara os grandes superviventes de Internet, eses que levan aí facéndonos felices desde os anos 90: os GIFs! Eles son a última revolución 3D e non é necesario usar gafas especiais nin gravalos con dúas cámaras. Non, basta con engadir dúas liñas brancas e facer que as cousas se movan por diante delas. Os nosos ollos, ávidos desa terceira dimensión, farán o mesmo. Aquí van algúns dos mellores exemplos!

gif1 gif2 gif3 gif4 gif5 gif6 gif7 gif8 gif9 gif12 giff11

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *