Disquecool invita: LAPSO 2015 Musical Experience

Onte falabamos dos festivais que chegan xa en abril e o escollido para Galicia era o novo LAPSO Musical Experience, que terá lugar o vindeiro 30 de abril (é xoves, si, pero o 1 de maio é festivo!) en Compostela. O gran nome dese festival é o de The National, unha banda da que en Disquecool somos moi, moi fans, pero o resto do cartel tampouco está nada mal. Os portugueses The Gift e os galegos Best Boy. Escoitemos a todos un pouco antes de seguir.

Best Boy!

The Gift! (Este tema non ten nada que ver co que fan normalmente, pero é o noso preferido na redacción e deixa claro que son un grupo moi versátil!)

The National! Fake Empire é o seu megahit, xa do ano 2008. Antes de sacar o seu disco perfecto.

O disco perfecto foi ‘High Violet’. Despois en 2013 sacaron outro máis, ‘Trouble Will Find Me’, case perfecto. (O rapaz que neste vídeo pregunta por Matt é o seu irmán pequeno, que fixo un documental sobre o grupo que debedes ver).

Imos xa ao que vos interesa: o concurso! En Disquecool queremos que todos vaiades a este festival e polo menos dous de vós poderedes facelo gratis! Sorteamos dúas entradas individuais para o LAPSO. Que hai que facer para participar? Moi sinxelo: como The National é un grupo moi de irmáns (os dous guitarristas son irmáns e o baixista e o batería tamén), queremos que deixedes un comentario neste post dicíndonos outros grupos nos que algúns integrantes son membros a mesma familia!

Tedes desde agora ata o vindeiro mércores 1 de abril ás 23:59 para participar. En Semana Santa faremos o sorteo e contactaremos cos gañadores, que terán unha semana para contestar antes de que fagamos o sorteo de novo!

Sorte!

Shares

69 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *