Street Style galego retro: 1910 a 1919

Os xornais de comezos do século XX galegos non están (aínda) cheos de fotos (e si todos agardamos con entusiasmo pasar de década neste percorrido polo street style retro galego), pero profundizar nalgunhas das revistas que se publicaban no momento (a do Balneario de Mondariz vale para atopar algunhas imaxes) permite atopar unhas cantas fotos de xente facendo cousas que ben valen para facer un percorrido polo street style do pasado. Con esta primeira década, comezamos (e máis décadas en próximas semanas)

Mercados e traballo

O tempo xa era encantador, encantador, no pasado e os paraugas un must. Velaquí o mercado de Tui en 1915

mondariz

 Nenos

Por desgracia, na mesma páxina na que aparece esta noticia falan dunha comida dos esperantista de Galicia, pero non hai foto do evento. En cambio si temos a unhas nenas de Sarria (1910) que participan nun festival patriótico

sarria

 

Señoritos e señoritas

Son unhas señoritas de Ferreira, no 1910, facendo un “xogo tropical”. Moitas dúbidas sobre que será exactamente o que fan.

ferreira

Segundo o pé de foto son unhas señoritas de “boa sociedade” vestidas de damas vienesas (??), no 1916, en Vigo.

señoritas vigo

A descrición do que facían estes rapaces (son un “grupo de mozos”, segundo a revista de Mondariz Balneario, aínda que eles semellan ben cumpridos en anos) no balneario é das que entran na lista de pés de foto de antoloxía: disque non están a tomar as augas, pero si dan alegría. Son de 1916.

mondariz

 E estes, aínda que cun aspecto máis xuvenil, si son bañistas. Veñen de participar (tamén en 1916) na festa da flor (que non parece moi dinámica)

mondariz


Comidas 

Se algo non deixou de estar nunca de moda, son as comidas. Só hai que mirar a prensa da época para atopar un cento de comidas, ceas e similares para homenaxear a quen sexa.

Unha comida para o novo presidente da Deputación de Ourense en Ribadavia, 1910 (como se non pasaran os anos…)

deputacion

Un té ao aire libre en homenaxe á infanta Isabel (filla de Isabel II e moi popular daquela) en Mondariz en 1914

mondariz

 Tras rematar un mitin este grupo de mauristas, deron conta dun banquete. Vigo, 1918

mitin maurista

Deportes

Os xornais empezan a encherse de notas sobre sports, aínda que os sports que vemos agora son algúns un tanto cuestionables para os ollos de hoxe en día.

Ciclistas en Ourense, 1910 (e non vos esforcedes en buscar, non hai nin unha única señorita)

ourense

O Vilagarcía FC (1910), gañadores dunha copa (unha, a saber cal).

Vilagarcia

Cazadores co botín en Cervantes, inverno de 1917.

celanova

 

As fotos son de Vida Gallega e Mondariz Semanario. Atopadas en Galiciana e na Hemeroteca Digital, Biblioteca Nacional de España

Shares

1 comentario

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *