Máis disfraces cool para o Entroido: especial libros infantís

Un ano máis, estamos a piques de entrar no Entroido, e por suposto, Disquecool non podía deixarvos abandonados e correr o risco de ver durante a fin de semana as rúas ateigadas de zombies, piratas e médicos con bata branca. Non, vós merecedes un disfrace moito máis orixinal, e por iso ano tras ano lanzamos algunhas ideas cool ideais para hipsters como vós.

Nesta ocasión, propoñemos 12 disfraces cunha temática común: a literatura infantil. Porque resultan tenros, imaxinativos, e tamén un pouco culturetas (aínda que moito menos que ir de Andy Warhol ou Van Gogh, iso si). Xa nos contaredes con cal quedades.

Fotos | 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12

Shares

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *