Regala Arousa Norte: descubre o turismo de sensacións

Regala Arousa Norte

O arrecendo do peixe fresco na lonxa, a calor que adurmiña as túas mans diante dunha cheminea, a explosión de sabor na túa boca diante dun prato novo, eses sons extraterrestres cando te mergullas no mar… poden parecer detalles sen importancia, pero quedan na túa cabeza, resoando, facendo desa experiencia algo único, irrepetible. E é iso o que buscamos agora cando viaxamos, porque o que queremos xa non é visitar un lugar, senón sentilo.  Non somos vulgares turistas, somos atentos viaxeiros.

De aí xorden movementos como o do turismo slow e, na mesma liña, plataformas como Regala Arousa Norte. Unha iniciativa da mancomunidade do mesmo nome (Arousa Norte) que aposta polo “turismo de sensacións”, un concepto no que se inclúen  a gastronomía, as paisaxes, a arquitectura, os xacementos arqueolóxicos,  o trato coas xentes, a brisa do mar, as ruta submarinas, os museos, pero sobre todo, un xeito diferente de coñecer e gozar da comarca do Barbanza (Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira).

Nesa plataforma, os visitantes podemos coñecer os diferentes anfitrións da zona que ofrecen servizos de  gastronomía, ocio e aloxamento, sempre cun toque orixinal, e ademais personalizable. Porque o mellor de Regala Arousa Norte é que cada experiencia é única, acordada entre o visitante e o anfitrión, e dando prioridade á relación entre as persoas, pedra angular desde turismo slow tan en boga. Os anfitrións funcionan case como cómplices que nos permiten adaptar a nosa estancia no Barbanza aos nosos gustos e motivacións, resultando así un recurso ideal para facer un agasallo (e o Nadal está ben preto…) diferente: que pode ir desde unha noite nun muíño a un paseo en barco pola ría, desde gastar unha broma nun restaurante, ata regalar fogos de artificio.

Regala Arousa Norte

Aínda que un pode ver o filón disto para dar unha sorpresa romántica, ter un detalle cos pais ou facer un agasallo polo aniversario,  quen di un regalo, di tamén un auto-regalo. Porque Arousa Norte está aquí ao carón, pero probablemente ignores moitas das súas posibilidades, e porque, como seguro que che dixo algunha vez a túa nai, non pode ser que coñezas mellor Londres que Ribeira (especialmente porque, para explorar esta última, só necesitas unha fin de semana e bastantes menos cartos).

Así que xa sabes, esquece as rutas convencionais, as guías mutieditadas e os destinos abarrotados. Aposta polas actividades insólitas, as experiencias diferentes, as viaxes a medida. Regala Arousa Norte axúdate a descubrir o turismo de sensacións, pero recorda que os límites están só na túa imaxinación.  Neste momento a plataforma agrupa a un número crecente de anfitrións con outras tantas propostas, pero cada un deles está á espera das túas propias ideas.

Hai unha forma distinta de viaxar que se centra no que se pode sentir, e unha vez que a probes, quererás repetir.

*Este artigo forma parte dunha campaña publicitaria de Arousa Norte.

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *