Off Culturgal 2014: estes son os proxectos seleccionados

culturgal

Cada ano poñédelo máis difícil. Como escoller entre todos eses proxectos interesantes e dignos de estar no Off Culturgal que nos enviades? Pero sabemos que é parte do noso traballo, que só poden entrar nove e que o resto terán que intentalo noutra ocasión. Así que tras rematar o prazo este luns, puxémonos mans á obra, a estudar cada proxecto e, finalmente, a votar (si, este é un proceso democrático entre os seis membros fundadores de Disquecool). Antes de continuar, deixádenos darvos as grazas a todos os que enviastes unha proposta, fora esta seleccionada ou non.

Pero si, deixémonos xa de presentacións e grazas, xa sabemos que estades todos lendo o listado para saber quen participará este ano no Off Culturgal 2014. Lembrade, terá lugar no Culturgal, nalgún momento entre o 5 e o 7 de decembro (a data exacta do noso evento está aínda por confirmar). Ao longo do día de hoxe porémonos en contacto cos proxectos seleccionados para contarvos que tedes que facer a partir de agora. Pero quen son eses nove proxectos? Os seguintes:

A Tenda da Gata. Yolanda Valcárcel (TENDA DE CONSUMO RESPONSABLE)

– Coro do Local de Música. Lucas Rei (CORO DE MÚSICA CONTEMPORÁNEA)

Etel Bande (FOTOGRAFÍA)

Graffiti + Viño. Rosiña Fernández / Arteficial (FESTIVAL)

Irmás Cartoné (EDITORIAL)

Lamariola.es. Sandra Blanco (GUÍA ONLINE DE OCIO INFANTIL)

Non pode. No seu lugar:

VERSOGRAMAS. Celia Parra (VIDEOPOESÍA)

METROCUADRADO DESIGN & ARCHITECTURE. Jesús Garabal (ESTUDIO DE DESEÑO E ARQUITECTURA)

Proxecto Arga. Alberta Lorenzo Aspres (ARQUITECTURAS REHABILITADAS)

Wiimbo. Xoel Yáñez (APP MÓBIL GRAMOLA 3.0)

O Off Culturgal, como xa vos contamos hai uns días, é un encontro informal e dinámico de xente creativa que Disquecool organiza xa por cuarto ano no marco da Feira das Industrias Culturais de Galicia, Culturgal, que terá lugar do 5 ao 7 de decembro en Pontevedra. Vémonos alí!

Shares

3 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *