Candeas que cheiran aos momentos complicados da vida

vacacions canceladas

A que cheiran as nubes? Realmente ninguén o sabe (menos os creativos dos anuncios de compresas) e posiblemente a ninguén lle importe, aínda que as nubes son unha desas cousas de cheiro misterioso que todos metemos na saca de cousas que por forza teñen que cheirar ben, non como os papeis de divorcio, unha carta de rexeitamento ou que deixen de ser os teus amigos en Facebook. E sen embargo todas esas cousas teñen xa unha candea asociada, fabricada por unha empresa estadounidense que lles dedicou a cada unha desas cousas terribles da vida unha candea arómatica.

Chámanse The Flicking Candles e acaban de nacer (e sen dúbida merecen entrar xa no altar das cousas que todos deberiamos querer). “Somos a única compañía de candeas en Estados Unidos co suficiente coraxe para celebrar os frescos aromas dos matrimonios fallidos, as amizades en ruínas, o rexeitamento, a actividade criminal, o sexo sen protección e os aumentos de peso inesperados”, sinalan no seu quen somos. As candeas capturan o que eses momentos significan. A dos papeis de divorcio é “parte felicidade, parte tristeza, un pouco de alivio e a inseguridade sobre a túa estabilidade financeira futura”.

ultima arbore da nadal da avoiña

Por suposto, con estas características, os medios en inglés tolearon coas candeas de The Flicking Candles (e o vendedor acabou quedando sen stock dalgunhas!!) porque… quen non quere que o seu cuarto cheire a vacacións canceladas? Polo momento, e segundo se le nas súas FAQ, as candeas só se venden en Estados Unidos pero, tendo en conta o seu éxito, non pensamos que tarde moito en facerse globais.

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *