8 razóns polas que o Surfing The Lérez é máis cool que a Romaría Pop

Los Coronas

Sabendo que este artigo espertará sentimentos encontrados cos seguidores da Romaría Pop, propóñome demostrar en 8 razóns porque o Surfing The Lérez é o festival cool do momento.

1. É en Pontevedra: Si, Santiago é a cidade máis bonita de Galicia (como veciño da cidade non vou dicir menos). Porén, un casco vello fermoso e unha cidade entregada aos peóns é un pracer que poucas veces se pode gozar en Galicia. Ademais, o marco da Illa das Esculturas onde os dous escenarios estaban separados polo río é espectacular para ofrecer 12 concertos desde o mediodía ata a chegada das 00:00.

Furious Monkey House2. Natureza, sol, calor e brisa: estes foron os catro elementos que acompañaron o Surfing The Lérez durante 12 intensas horas de festival onde a cervexa e o churrasco ocuparon case tanta atención coma o potente cartel desta 4ª edición; quizais polos 32ºC e polas moitas calorías bailadas, comida e bebida eran obrigatorias.

3. Hawai e Bombay si que son un paraíso: camisas hawaianas, gafas Wayfarer, bañadores de flores, coroas de flores e moito rock transportaban este fermoso parque pontevedrés á California máis surfeira. Ata os nenos, vestidos para a ocasión con camisetas dos Ramones ou AC/DC, bailaban ao son da música demostrando que ninguén era incapaz de fuxir daquela atmosfera digna das paraxes de Dick Dale.

4. O home crocodilo: si, estades lendo ben. O Surfing The Lérez tiña o seu propio home crocodilo! Tiven o pracer de comprobar a súa identidade baixo a máscara e preguntarlle polo seu estado de saúde despois de moitas horas baixo un sol de xustiza bailando e sacando fotos con practicamente todas as persoas do festival (un servidor incluído). Para ledicia de todos, el mesmo confirmou que a súa asistencia para o próximo ano está practicamente firmada.

5. O banco de alimentos: se ben o festival era de balde, alí ofrecíase a oportunidade de facer unha doazón ao banco de alimentos. Á unha da tarde, unha hora despois do comezo do festival, as mesas onde se recollían estas doazóns estaban visiblemente cheas demostrando que o Surfing é un festival solidario.

6. Furious Monkey House: remataba Novedades Carminha e no outro escenario comezaba o seguinte concerto. Cun rock potente e levantando a toda a xente a bailar sorprendía ver que os responsables deste subidón eran rapaces de 10 anos comandados por un home que vestía unha máscara de mono. Mención especial para a cantante que ten unha voz incrible á altura, e ás veces incluso superior, á de outros grupos. Apunten este nome: Furious Monkey House!

Guerrera

7. O pilates do rock: así acaba Los Coronas o seus concertos. Mans en alto e Cheyenne Theme de Ennio Morricone soando polos altofalantes acompañaban un exercicio que xa é tradición nos finais de concerto da banda madrileña. Despois de tocar durante unha hora mesturando ritmos surfeiros, pasodobres, Marisol e The Ramones, Los Coronas deixaban con ganas de moitísimo máis.

8. A Romaría Pop xa é mainstream: afirmación que sei que me custará a inimigos dentro de Disquecool pero que é certa. A Romaría xa é unha data fixa nos calendarios coma as festas do Apóstolo, e polo tanto xa non mola: é mainstream. O cool é achegarse a Pontevedra fuxindo de todos e amosar o verdadeiro moderneo en camisa hawaiana e á beira do Lérez. O swing morreu, viva o rock surfeiro!

E para rematar, unha petición especial. Admitámolo, non mola que dous festivais tan cool como a Romaría Pop e o Surfing The Lérez cadren en datas solapadas. Queremos troula, queremos música e queremos festivais como estes, así que, señores da organización de ambos festivais, por favor, non nos fagades elixir para o vindeiro ano e deixádenos ir aos dous!

Fotos Jesús Ferrer

Shares

16 comentarios

  • Lee di:

    Vete a donar alimentos y deja escribir a otros, puto notas

  • Uno de la Romaría di:

    Tú eres parvo chaval.
    Tu poca profesionalidad te ha llevado a ejercer ese patético papel de crítico que tanto os gusta a los plumillas de medio pelo, que en el fondo son gente frustrada incapaz de realizar proyectos y lo máximo a lo que pueden aspirar es a escribir como colaborador en un blog, eso sí, con la ridícula premisa de “poner a parir”.
    Qué necesidad había de poner uno de los eventos por encima del otro? Y sobre todo, cómo puedes atreverte a hacerlo sin siquiera haber estado en uno de los dos?
    Lo único que estás consiguiendo con tu “aportación” es que un medio como Disquecool pierda credibilidad y lectores. Felicidades campeón.

  • Brais fangirl di:

    Chist! Eses castelán-falantes, ó Brais nen nombralo que fai máis pola cultura galega en media hora do que ides facer vos na vida.

  • Pez di:

    Eres tan maduro como listo chaval clap clap clap clap.

  • Pez di:

    Te podias cambiar al AK por Diarrea en el teclado, no?

  • vaitelavar di:

    Non pillar as coñas coma se fosedes Sheldon Cooper é moi mainstream (e ademais, eu xa o facía antes). Lede o último parágrafo, facede favor

    Bicos

  • Carlos di:

    Amigo Brais, só a ti se che ocorre meterte no prado dos modernos sen gafas de pasta e un libro en inglés coa capa ben á vista na man. Non hai sorna nos ollos de quen le cando o suxeito non quere que a haxa. Estou coa “Brais fangirl” de antes. Ti, polo menos escribes en galego en webs, blogs e ata nas paredes e vas a romarías, festivais e festas varias sen mirar quen organiza nin por que, simplemente porque che peta. A miña opinión persoal: a romaría pop e o surfin the lérez son dúas merdas pinchadas nun pau e a “uno de la romaría” queimóuselle a morernhamburguer o outro día e por iso está chinado. Por certo: VIVA DISQUECOOL, VIVA BRAIS, VIVA COMPOSTELA, VIVA O LÉREZ E A CIDADE QUE MOLLA, VIVA QUE DESILUSIÓN (tocaron o outro día) e vivamos todos (como modernos, iso si).

  • Perro Sarraceno di:

    Si de algo disfruto al leer comentarios, es la habitual tendencia a responder con desdén, improperios y manida ironía a lo que es una opinión libre e igualmente irónica, si no más. Lo más ofensivo que he podido encontrar en el texto, tras ardua investigación, es un sutil “mainstream”, con un tono, a mi juicio, bastante evidente. Si seguís optando por el insulto fácil en vez de interpretar un texto apropiadamente, bienvenidos seáis, pero si calificáis la defensa de un festival como demérito de otro, falta criterio en todos los frentes.

    Saludos.

    P.D.: Gran trabajo del autor, por cierto.

  • Uno de la Romaría di:

    Disculpad, arduos defensores del “redactor”, pero antes de nada hay que aprender a leer.

    En primer lugar hay un tufillo ciertamente condescendiente hacia la Romaría, y el texto acaba con un párrafo que dice TEXTUALEMNTE “A Romaría (…) xa non mola”. Si no sois capaces de ver eso quizás sea porque está escrito en gallego y sois castellano-hablantes.

    Para continuar me gustaría decir que hay mucha gente detrás de la organización de la Romaría, mucho trabajo y mucho esfuerzo para permitir que venga un payaso cuya mayor aspiración es ser moderno a hacer mala publicidad de ella comparándola directamente con el Surfing animando a la gente a ir a uno y no al otro.

    Si el tal Brais quiere hablar del Surfing, que hable de el Surfing, que me parece una fiesta de puta madre y me parece muy bien que se hable de ella y se le de promoción, pero no entiendo por que razón tiene que salir a colación la Romaría cuando el “redactor” ni siquiera ha puesto un pie en ella, y además no entiendo por qué tiene que basar el artículo (desde el título hasta el último párrafo) en decir LITERALMENTE que la “Romaría no mola”, y que por supuesto lo que mola es el Surfing.

    Verbigracia:
    ¿Sabes Brais? Non molan nada as cousas que escribes, molan moito máis os artigos que escribe Raquel

  • Manolo Barcia Lamas di:

    Carallo, romeiro (e non me refiro a Brais, senón ao da romaría), para non molar o que fai este chaval, xa leva case tres centos de persoas que non opinan coma ti. Ademais, non vin por ningures que a ti (que te agochas no anonimato) o autor te chame funambulista, mago, trapecista ou camareiro, profesións tan dignas coma a que ti lle espetas a modo de insulto chamándolle pallaso.

    E se lle saen defensores ao redactor do escrito será porque os que sabemos algo del, coñecemos a súa integridade e respecto total polos demais (especialmente por todos e todas os que estades traballando detrás deses eventos).

    E que este escrito trata de ser unha provocación, pode velo ata un cego. E, evidentemente, conseguiu o seu obxectivo.

    Non vos quentedes, home! Viva Disquecool!

  • yo di:

    Non hai nada mais casposo e cheirento que o garaxe. Cool? los coronas?. Es un analfabeto e fraco favor lle fas a música neno. Pero bueno da Pontevedra naftalina tiñas que ser, gañán.
    Oito razóns che daba eu para irte a tomar por culo. Ahí

  • costanegra di:

    Que sí, que todos os que entrades aquí a insultar ó pavo logo ledes Vice todalas semanas.

    Aquí todo dios está moi sensibilizado con todo pero logo cando repartimos pegamos máis forte que o outro. Eu non vin que o autor insultase a ninguén como facedes vos, algúns sodes máis ‘gañans’ nunha liña que o autor en todo artigo..

    E ao pavo da Romaría que di que ‘moita xente e moito traballo para que veña un payaso a facer mala publicidade’…a mala publicidade xa a fai él con ese comentario: se tanto traballo e esforzo se fai e tan ben saen as cousas non sei por que perde o tempo neste blog, ademáis de que por moito traballo que levase isto segue sendo liberdade de expresión, se queres deixar en evidencia a alguén que consideras inferior ás veces e mellor calar, se non estás baixando ó seu nivel.

    Que non é pra tanto joder, deixade a coca todos.

  • Fabian di:

    Que pesados que sodes filliños.

    Eu non vexo ofensa ningunha no artigo, que ademais é bastante orixinal e bo. Se sodes uns talifáns do Romaría, preocupadevos porque non coincida con outros festivais.

  • Nin da Romería nin do Surfing di:

    Paréceme correcto o artigo e sobre todo non me parece ofensivo… O redactor ten todo o dereito do mundo a dar a súa opinión como fan os rapaces de Desconcierto no seu medio. Xa está ben de redactores cobardes.

    Como medio de comunicación que son, os que fan a Romería teñen a obriga de entender e respetar o que é a liberdade de expresión.

    Na frase “me gustaría decir que hay mucha gente detrás de la organización de la Romaría, mucho trabajo y mucho esfuerzo para permitir que venga un payaso…” é inadmisible o insulto e tamén que faledes de “traballo” “esforzo” cando estades obtendo un beneficio económico e de imaxe de marca por isto.

    PD: A coletilla “sen ánimo de lucro” que sempre foi algo serio se está convertindo nun cachondeo.

  • técnico di:

    este tipo fala de pelis sen tan siquiera velas como para fíarse do que di.

    fraco favor lle fas a un medio como este ao falar de cousas das que non sabes, non ves ou nin tan sequera vas. que non vos estrañe que o autor do artigo se comentase a si mesmo cun falso alcume…

    cousas veredes!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *