Santiago ten un novo xaponés (barato)

xapones santiagoLembrades aqueles momentos nos que podíamos queixarnos da escaseza de comidas exóticas en Santiago? Aínda que estamos lonxe de chegar á diversidade que ofrece outras cidades, Santiago empeza a ter algo máis que os habituais coñecidos. E polo que respecta á comida xaponesa, a variedade é aínda maior. Á lista que xa coñeciamos para unha Compostela nipona, súmase agora unha nova entrada que, ademais, destaca polos seus prezos. Chegou ata nós grazas aos típicos menús que deixan no correo para que podas pedir por teléfono e o certo é que foi un gran descubrimento.

Que podes agardar dun sitio que segundo o seu folleto se chama TeleSushi? Pois bos prezos. Hai sushi de todas as tarifas, pero uns básicos California roll están nos 3,45 €, que a mesma tarifa dos maki dragón ou dos gambas roll. Así que máis ou menos pódese adaptar a todos os petos, que é algo que botábamos de menos nos xaponeses de Santiago, onde todo de entrada era un pouco caro. Aínda que o que teñen é sobre todo diferentes tipos de sushi, a carta tamén conta con rollitos de primavera (unha concesión ao asiático que todos coñecemos?), diferentes pratos de polo ou tenreira, sopa miso ou tempuras.

Aínda que o atractivo é o de pedir a domicilio (aínda que o pedido está limitado a un mínimo de 10 euros), tamén é posible comer in situ. A decoración non é cousa doutro mundo (especialmente se o comparamos cos xaponeses máis classy que ata agora había en Santiago), pero este novo xaponés ofrece algo distinto. Teñen menú do día para tomar no restautante por 12 euros e tamén unha sorte de menú moito máis económico (4,75 €) para levar para casa. Nos probamos, para levar a domicilio, varios tipos de sushi é a verdade é que estaban moi bos.

Este novo xaponés está en San Pedro de Mezonzo, nº 46

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *