5 ideas DIY para decorar os teus testos

Pintar macetas

Agora que vai frío e temos unha longa fin de semana por diante, é o momento perfecto para quedar na casa e facela aínda mellor. Como? Con proxectos decorativos DIY que enchan de cor e de encanto cada recuncho.

E poucas cousas fan máis fogar que as plantas. É fantástico ver os saíntes das fiestras cheos de verde, o salón tan natural, o perexil e a albahaca orgullosos na cociña. Nun piso, non hai plantas sen testos, e se tes as túas nos clásicas de terracota, é o momento de darlles un xiro. Porque a beleza atópase nos pequenos detalles.

Aquí tes 5 sinxelas ideas para decorar os teus testos e facelos obxectos únicos.

1. Pinta o teu testo

É a forma máis rápida de conseguir un “novo” testo, pero nada de pintalo nunha única cor, o que se leva agora e o dip-dye (somerxer e tinxir) que basicamente consiste en pintar as cousas somerxéndoas en pintura, de xeito que queda a metade -máis ou menos- impregnada de cor, e a outra metade ao natural (aínda que podes facelo tamén con brocha, non temas). É o caso dos testos que vemos en portada, dun estilo moi escandinavo. Se es máis atrevido proba con cores máis fortes como o azul ou o rosa fucsia.

E se queres innovar aínda máis, segue as instrucións de Henry Happened para tinxir os testos con pintauñas. Só tes que mesturar varios tons con auga, e despois meter nesa mestura o teu testo. O resultado é algo así.

Macetas con pintauñas

2. Usa pintura lousa

Pero se algo de está de moda agora é a pintura lousa. Úsase en paredes, en teitos, en mobles, en frigoríficos, e por suposto, tamén en testos. Podes pintar só a metade, por completo ou unha cousa así como improvisada, como nesta foto de Our fifth house. Despois podes usar a xiz para escribir mensaxes optimistas, de amor, ou simplemente o nome das plantas.

Macetas DIY

3. Fórraa con teas

Busca teas orixinais, alegres, vintage ou que che gusten e utilízaas para recubrir todo o testo. Como é medio circular non será tan fácil como parece, e pode que o mellor sexa pegar varias tiras verticais.  En Tabula Rosi dannos os trucos para facelo en redondo e que quede así de ben. Tamén podes usar papeis pintados o estampados, pero o resultado é menos resistente.

Decorar maceta

4. E con outros tecidos.

¡A calceta está de moda! Proba a facer un abrigo para os teus testos, un DIY ideal para o inverno. E que din calceta, di crochet, ou mesmo encaixe de bolillos. Todo vale. En Mon Makes Things apostan polo gancho.

Customizar macetas

5. Fai testos de regalo

De cara ás festas, unha boa idea pode ser cubrir o testo de purpurina de cores -especialmente en dourado e prateado- tanto para decorar a casa como para facer un regalo especial. É unha proposta de The Pretty Bee que non che levará máis de cinco minutos.

Maceta glitter

Que máis che gustaría facer cos teus testos de terracota?

Foto de portada | Offbeat and inspired

Shares

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *