El Viudo Quiere Mimos, webserie de humor absurdo (e negro)

El viudo quiere mimos

Quique non é capaz de superar a morte da súa moza Sonia. Desesperado, escoita unha e outra vez a mensaxe que ela gravou no contestador. Dani, o seu curmán, intentará gravarlle un vídeo para atopar parella. Aínda así, o trauma de Quique fará que a súa recuperación sexa moi complicada.

Así arranca a webserie El Viúdo Quiere Mimos que ven de estrear o seu segundo capítulo hai unhas semanas. A preestrea, no Camalea, estivo acompañada dun concerto íntimo e acústico onde A. Almau deleitou aos asistentes cunha selección de cancións que xiraban entorno á morte. Unha das cancións máis celebradas foi “Lo echamos a suertes” de Ella Baila Sola, unha das cancións favoritas da defunta Sonia.

Entre capítulo e capítulo, houbo máis de 180 días de espera, pero non de parón xa que foron moitos os “mimitos” que nos tiveron entretidos agardando (impacientes) esta estrea. Nestas cápsulas de humor (y amor!) aprendimos a fabricar o noso iPhone caseiro con Susa ou escoitamos a Quique cantar ‘Cero empatía con el clima’, canción que foi o hit deste verán… ou non. Humor absurdo e ridículo que mantivo expectante e enganchado a un público que rezaba para que saíse o seguinte capítulo dunha vez.

Quen se atopa logo detrás desta turbia historia de risa e morte? Á dirección está Javi Camino, Magnetova Entertainment. Consagrado director de videoclips, como o ultracoñecido Jódete y Baila de Novedades Carmiña, e responsable de curtas como Lvoluten Osken; Javi toma aquí as rendas dos guións de Enrique Lojo e Fran Carballal . Este dúo paríu a que, probablemente, sexa mellor comedia negra que se deu en Galicia (e iso que só levan dous capítulos!)

No plano actoral, o propio Enrique Lojo reservouse o papel principal como Quique, acompañado sempre por un sorprendente Dani Vilaverde como o seu curmán (un curmán un tanto … raro). Arredor estarán Maribel, Susa e máis personaxes secundarias. E ata aquí podo ler, xa que prefiro non entrar a spoilear unha serie que hai que descubrir por un mesmo.

O outro día Quique enviounos un vídeo despois de atopar Disquecool no ordenador de Sonia. Esto é o que pensa sobre nós:

* El viudo quiere mimos foi unha das webseries das que se falou no Culturgal 2013

Shares

1 comentario

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *