Hostais Generator: espazos de deseño a prezos low-cost

Generator Hostel

Cando un pensa nun hostal non espera grandes cousas. Os albergues de xuventude oficiais están sempre ben, son limpos e prácticos, pero non teñen encanto ningún. Cos hostais ‘non oficiais’ é unha lotería. Podes atopar un edificio ben coqueto con camas en dormitorios amplos por 10 euros, ou atopar unha minihabitación con liteiras de tres pisos e manchas nos colchóns por 20. Cando un quere viaxar o de menos é, normalmente, o deseño do hostel. 

Pero… e se fora posible atopar un albergue ao mesmo prezo, pero con certos luxos? Supoñíase que a estas alturas da vida teríamos maior poder adquisitivo e poderíamos prescindir dos hostais e pasar directamente ós hoteis (mesmo de dúas ou tres estrelas). O certo é que seguimos estancandos no nivel hostel. E do mesmo xeito que o glamping supuxo un sopro de aire fresco, os hostais Generator están a gañar multitude de admiradores (ademais de premios).

O que propoñen é unha cadea de albergues de xuventude que destacan polos  interiores rechamantes e modernos, (realizados polo estudo de deseño The Design Agency). Están presentes en 7 cidades europeas (Barcelona, Berlín, Copenhague, Dublín, Hamburgo, Londres e Venecia), e pretenden dobrar a cifra para 2015. E por suposto, cada un dos albergues ten a súa propia personalidade, cun deseño único.

A decoración contemporánea e moitas áreas chill-out e bares para socializar (na liña dos party hostel) marcan o estilo común dos Generator Hostels, que polo demais, ofrecen desde habitacións individuais ou dobres ata camas en dormitorios compartidos. Os prezos roldan os de moitos outros hostais en capitais europeas, pero tirando cara arriba. En Berlín, por exemplo, unha cama en dormitorio compartido custa 12 euros, pero en Dublín 16. En canto as habitacións dobres con baño están polos 55 euros (a dividir entre dous). Se buscas cama en dormitorio individual si que non compensa de ninguhna maneira.

Pero botando un ollo ás fotos seguro que che entras ganas de durmir en Generator Hostels. Incluso se che sobra presuposto.

Fotos | Generator Hostels e Slate

Shares

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *